Folclore rumano con Doina Timisului

O grupo, nacido no ano 1959, chega a Ourense co obxectivo de realizar unha mostra do folclore de todo o país. Doina Timisului procede da rexión do Banat, zona transfronteiriza que comparten Rumanía, Hungría e Serbia. O grupo está formado por estudiantes universitarios e os interesados poderán contemplar boa parte da cultura rumana nas Xornadas do Folclore. Despois de actuar en Maceda, Doina Timisului visitará O Carballiño, Entrimo, Verín, Xinzo, Castro Caldelas, Chaves e, finalmente, Ourense.
O grupo procede da rexión do Banat, zona transfronteiriza que comparten Rumanía, Hungría e Serbia C.A. PIÑEIRO Para os rumanos ruga é como para nós unha mestura entre as festas do patrón e un fiadeiro. Coas primeiras ten que ver posto que se coñecen como tal os festexos que cada pobo celebra en torno á Igrexa, aínda sen seren exclusivamente relixiosas.

Pode semellar a priori absurda a relación entre as festas do patrón e o fiadeiro, comezando polos motivos que as fixeron xurdir. Sen embargo, é das rugas de onde o colectivo Doina Timisului recolle as súas danzas e cánticos. Tal e como aquí acontece coas xuntanzas dos veciños para cantar e bailar mentres o liño collía corpo nas súas mans.

Hai no suroeste de Rumanía unha cidade da que persoalmente eu nunca escoitara falar: Timisoara. Ben, alí foi onde hai cincuenta anos estudantes da maior parte das facultades do municipio decidiron investigar as músicas, instrumentos, danzas e vestiarios da rexión do Banat.

Á rexión de procedencia do grupo presente nas Xornadas non lle afectaron as fronteiras trazadas pola historia, constituíndo así un punto de unión entre Rumanía, Serbia e Hungría.

Timisoara, o xerme da revolución rumana

Aínda que a zona está denominada dende un punto de vista xeográfico, no Banat conviven chairas con picos montañosos. Adoita acontecer que cidades historicamente -que non no eido administrativo- tan importantes como a capital pasen desapercibidas para o resto do mundo. Pois ben, é o caso de Timisoara, a maior cidade do oeste rumano. Entre as súas curiosidades atópase a de ter sido a primeira cidade europea en instalar alumeado público e a de ter visto nacer ó primeiro Tarzán que Hollywood deu a luz, Johnny Weissmuller.

Esta pequena Venecia -como se comezou a coñecer nos anos de pertenza ó imperio austrohúngaro- pasou á formar parte da historia de Rumanía o 16 de decembro de 1989. Foi alí, en Timisoara, onde prenderon os xérmolos da revolución rumana, para derrocar o réxime comunista de Nicolae Ceausesu. E foi alí tamén onde Doina Timisului comezou unha andaina de conservación e difusión do folclore tradicional que agora presentan en Ourense. Financiada a través da Casa de Cultura dos Estudiantes polo Ministerio de Xuventude rumano, o grupo levará a Carballiño non só o típico kalush, senón unha mostra da totalidade do folclore de Rumanía.

Recepción e triple sesión de festivales

Aínda que a axenda diaria das ‘Xornadas de Folclore’ ven marcada maioritariamente por dous desplazamentos ó día, hoxe é unha desas sesións especiais na que están programadas ata tres visitas. Este feito permitirá que hoxe saian a escena 12 dos 13 grupos invitados nesta edición do festival, aínda que todos os países participantes estarán representados pois Filipinas conta con duas agrupacións presentes nas Xornadas e unha delas estará hoxe sobre o escenario. O percorrido comeza as oito e media da noite en Celanova e continúa por terras do Carballiño e O Barco, con sendos festivais a partir das dez e media da noite. Asemade, pola mañá (12 horas) todos os grupos terán unha recepción oficial no salón de plenos da Deputación provincial.

PROGRAMACIÓN

Celanova: No Claustro Barroco ás 20.30 horas. Participan Sudráfica, México, China e Armenia.

Carballiño: Na Praza Maior ás 22.30 horas, con Mari El, Rumanía, Taiwán e Portugal.

O Barco: No Parque do Malecón dende as 22.30 horas, con Arxentina, Filipinas, India e Daguestán.

Te puede interesar