OURENSÁNS POLO MUNDO

"Fun a unha droguería a por pasta de dentes e levei brillantina por descoñecer o idioma"

Alfonso Ferradás.
photo_camera Alfonso Ferradás.
Tras un periodo de aprendizaxe nun taller do Carballiño, Alfonso Ferradás colleu con 20 anos de idade o camiño da emigración cara Alemania, onde non atopou traballo de mecánico pero sí de operario nunha fundición

Tras un periodo de aprendizaxe nun taller do Carballiño, Alfonso Ferradás colleu con 20 anos de idade o camiño da emigración cara Alemania, onde non atopou traballo de mecánico pero sí de operario nunha fundición. Regresa tódolos veráns para pasar un mes coa súa familia.

Cómo foron os seus primeiros pasos no novo país?

Alí aínda non había moitos vehículos e por iso do traballo que eu aprendera aquí de mecánico non había moita oferta. Comencei de obreiro nunha fundición, pero non me gustaba moito e pasei a unha fábrica de rodamientos, na que empecei nas máquinas e máis adiante ascendéronme a encargado. Nesa empresa, que está ubicada na cidade de Wuppertal, traballei 40 anos. Foi pioneira no deseño e fabricación dos rodamentos para as perforadoras de túneles e pesa catro toneladas cada un.

Había moitos emigrantes coma vostede?

Sí, galegos e moitos andaluces, italianos e portugueses, e a partir da década dos 70 comezaron a chegar doutros países coma Turquía.

Tivo problemas co idioma?

Ó principio, sí, tiña que falar por señas, resultaba moi difícil facerse entender. Lembro unha anécdota que me pasou, que fun a unha droguería a pedir pasta para os dentes e levei brillantina para o pelo. Despois xa fun a unha academia para aprender alemán, e mesmo a miña esposa é alemana e levamos 51 anos casados, e temos unha filla.

Vostede segue a residir en Wuppertal. Cómo é a cidade?

É grande, ten 349.000 habitantes e está moi industrializada, pero además atrae moito ó turismo polo Schwebebahn, que é o tren que circula por raíles en suspensión máis antigo do mundo, unha especie de tranvía cun percorrido total de 13 quilómetros e cun servizo cada tres minutos.

Cambiou moito O Carballiño?

Moitísimo, porque cando viña de xoven á traballar no taller, na avenida da Estación, aínda estaban rematando a igrexa da Veracruz, e onde hai agora edificios era todo campo e incluso podías topar uvas nalgunha finca.

Te puede interesar