artesanía

A II Festa Etnográfica desembarcou en Pereiro

festa etnográfica
photo_camera Os traballos artesanais foros os protagonistas na II Festa Etnográfica. (MIGUEL ÁNGEL)
Na cita recreáronse oficios como os dos oleiros, a cestería ou a olaría

Por segundo ano consecutivo, a parroquia de Loñoá, en Pereiro de Aguiar, disfrutou dunha xornada completa de regreso no tempo. O obxetivo da xornada era recuperar a cultura, as actividades e os oficios da primeira metade do siglo pasado que se levaron a cabo no concello.

Dende as once e media da mañá, cando o alcalde Luis Menor acompañado da conselleira do Mar, Rosa Quintana, iniciou a II Festa Etnográfica na que se homenaxeou a moitos traballos artesanais, especialmente á figura dos oleiros. Este oficio tradicional forma parte da historia da zona e en especial do pobo, que recibiu o nome de Loñoá da Olas.

Ademais de destacar o traballo dos oleiros, tamén se recrearon outros oficios tradicionais galegos como a cestería, a olaría con Buño e Gundivós procedentes de Marín, as palilleiras, a talla en madeira, o ganchillo e moitos outros máis.

En total, 33 artesáns participaron neste día para rememorar a historia. Adeaáis de mostrar como desenvolven o seu traballo, contaron con postos para a venda dos materiais. 

O alcalde de Pereiro, Luis Menor, destacou a "gran participación" do evento, e destacou a mensaxe "clara" de igualdade entre homes e mulleres. 

Te puede interesar