Seis mil euros en premios na Festa do Cabalo de Maside

A paraxe natural de O Puzo do Lago acollerá iste vindeiro domingo día 21, a 'XXIV Festa do Cabalo de Maside', a máis antiga de Galicia e que fai de teloneira das festas patronais do San Vitorio. O orzamento do evento ascende a uns 9.000 euros, dos cales 6.000 están destinados ós premios dos gañadores dos diferentes concursos equinos. contando coa colaboración do Concello de Maside.
Entre istes, destacan os morfolóxicos, que comezarán ás 10,00 horas, de cabalos e eguas do pais, para seguir coa participación das razas cruzadas, española e árabe. A partir das 12,30 horas celebraranse as probas de andadura de dous e catro tempos para razas e ás correspondentes ós trotóns. Logo da necesaria parada para o xantar, ás 16,00 horas daráselle o pistoletazo de saída ás carreiras de trotóns con ou sen carrito; de burros, cabalos do país e cruzados, e, por último, a proba reina, que é a carreira de cabalos de puro sangue inglés.

Unha vez rematada a xornada, sortearase un poldro entre as persoas que merquen rifas de axuda á festa, e procederase á entrega dos trofeos ós competidores. No Puzo do Lago instalarase un recinto, no que a organización pon a disposición dos asistentes racións de carne de poldro, polbo, churrasco, chourizos e sardiñas asadas.

Te puede interesar