A Orquestra de Cámara Galega ofrece un recital en A Veracruz

O templo de A Veracruz do Carballiño acolle hoxe, ás 21,00 horas, un concerto da Orquestra de Cámara Galega, que será de balde e terá unha duración duns 80 minutos. Este concerto enmárcase dentro da programación Xacobeo en Cámara que patrocina o Xacobeo 21-22 e a Fundación La Caixa , “unha proposta que xungue modernidade e tradición por medio da realización de concertos en lugares que, de seu, manifestan un enorme interese como destino turístico diferente”, suliñou Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense, no acto de presentación.

A Orquestra de Cámara Galega presentará un amplio repertorio, integrado por obras coñecidas de autores como Holst, Britten ou Grieg, entre outros, e cun espazo reservado para escoitar tamén composicións de Albéniz, Malats ou o galego Groba.

Gabriel Alén agradeceu a implicación da Fundación La Caixa no patrocinio desta serie de concertos da Orquestra de Cámara Galega, que forman
parte da programación do Xacobeo 2021-2022.

Te puede interesar