Ourense, epicentro cultural coas Xornadas de Folclore do mundo

Con motivo da 37 edición das Xornadas de Folclore que se están a celebrar na provincia, o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu no Pazo Provincial a unha delegación dos grupos participantes no evento e procedentes de países como Chile, Colombia, Costa de Marfil, México, Indonesia, e Timor Oriental. Xulio Fernández, director artístico do festival, e Aurelio Gómez, asesor de Cultura da Deputación, tamén participaron neste acto de benvida no que se lle fixo entrega ao grupo dun diploma acreditativo da súa participación, así como un agasallo representativo da provincia ourensá. 

Na recepción oficial, que rematou coa tradicional fotografía oficial, participou o Grupo Folclórico dos Académicos Timorenses de Coímbra, que esta mesma semana realizou o seu debut nestas xornadas en Celanova.

O vicepresidente segundo da Deputación destacou que os participantes desta edición “forman parte dunha actividade consolidada, unha das máis esperadas dunha provincia de raíces emigrantes e que, quizais por iso, ten unha especial sensibilidade cara outras culturas”.

Este xoves, a multiculturalidade fixo parada na praza das Toldas de Maceda e, á mesma hora, no Campo da Barreira de Allariz. Hoxe venres chegará a Manzaneda e Castro Caldelas, ás 22,30 horas

Te puede interesar