RINCON DEL VERANO

"As paisaxes de película" en República Dominicana

_uploaded_cda3e949-40d1-4cb3-926d-144e1782ca80
photo_camera Francisco Cerqueira nunha das éxoticas praias do país.

Francisco Cerqueira está en racha. O veciño de Lobios foi o segundo finalista do Skull Men, o concurso nacional que reuniu en Murcia aos talentos españoles da imaxe masculina. 

Este ourensán con formación en peluquería decidiu reinventarse e atopar na súa profesión de barbeiro unha canle de darlle saída as súas inquedanzas, podendo plasmar o seu "toque persoal en cada traballo que fago", segundo explica.

Mentres que na súa profesión aposta por "arriscar e superarse día a día", lanzándose a montar o seu propio negocio, no seu tempo de lecer opta por viaxar e descubrir novos espazos. 

Dos seus amplos percorridos polo globo terráqueo, Cerqueira reseña o seu viaxe a "República Dominicana", por ser "un paraíso en si mesmo, con paisaxes de película". Di o barbeiro que "foi un país que me marcou moito pola tranquilidade que me conseguiu aportar", recoñece o ourensán, que recorda "a aventura que supuña levantarse cada día coa ilusión de coñecer novas praias e como non, vivir aventuras únicas".

Aínda que "recoméndoo todo, dende as súas praias exóticas, ás agradables temperaturas ou á gastronomía única", o barbeiro de Lobios recoñece que se queda "coa xente nativa, pola alegría que transmiten. Axudan a relativizar moito os problemas e, ademais, ensínannos a tratar aos demais con respecto e cariño".

Neste sentido, afirma que "a cultura do país marcoume moito. De República Dominicana só gardo recordos duns días marabillosos".

Te puede interesar