La Región

OURENSE NO TEMPO

Publicidade de Maristas no Paseo

Entre eses muros estudou o cardeal Fernando Quiroga Palacios; o aviador Elixio Rodríguez; ou o político Arturo Pérez Serantes
Fotógrafo: Pacheco. Circa 1917. Papel prensa. Colección personal.
Fotógrafo: Pacheco. Circa 1917. Papel prensa. Colección personal.
Publicidade de Maristas no Paseo

No ano 1908, o Bispo Eustaquio Illundaín, cédelles aos Irmáns Maristas, na rúa Vicente Pérez, un edificio de recente construción, que esperaba ser albergue de sacerdotes xubilados e/ou enfermos. Nunca chegou a desempeñar esa función, dado que ao abandonalo os Maristas, foi hospital de urxencia, Colexio Cisneros e, ata a actualidade, Goberno Militar (Subdelegación de Defensa, hoxe).

Nos seus primeiros anos esta foi a publicidade que fixeron os irmáns. Nela apréciase que na súa primeira fundación , non era colexio Marista "Santa María", senón colexio "Dos Santos Anxos".

Entre eses muros estudou o cardeal Fernando Quiroga Palacios; o aviador Elixio Rodríguez; Arturo Pérez Serantes, que foi presidente da Diputación; Jose Pérez Dávila (abogado e decano do colexio de abogados) e moitos máis ourensáns de pro.