Os rapaces disfrutan dunha xornada de xogos no Campo do Cabalo, en Cenlle

Un autocar percorrerá as diferentes localidades de Cenlle para recoller ós rapaces e rapazas que desexen participar na terceira edición do ‘Día do Neno’, organizado polo Concello no Campo do Cabalo, ubicado en Laias.
As actividades comezarán ás 11.00 horas cos tradicionais ‘xogos olímpicos’ e unha tirada con arco, antes do xantar que lles ofrecerán os organizadores, e das competicións de golf da tarde. ‘Esperamos que sexan máis do medio cento de xóvenes de Cenlle os que se acheguen ata Laias para disfrutar da xornada, que tamén está aberta para todos aqueles rapaces de fóra que queiran’, comentou o concelleiro de Cultura, Gabriel Alén.

Te puede interesar