Soños dunha noite de verán

Soños dunha noite de verán.
As veces teño soños, uns máis agradables ca outros e o meu foi de verdade, moi fermoso aínda que un pouco raro coma tódolos soños.
Non se me foi ocorrer soñar que a enorme parcela que chaman Finca Santamariña (finca Deputación), se convertera nun Parque municipal, un espazo adicado os cidadáns de todo tipo, a envexa de toda Galicia, ¡qué digo de toda Galicia, de toda España! Unha especie de Retiro ou Central Park en pequeniño, co seu rio pasando polo medio e facendo un estanque para barquiñas, patos, peixes e mesmo grulas e cisnes... Ata había unhas terrazas de verán todo o redor. O resto eran árbores de todo tipo, grandes, pequenos, gordos, delgadiños e por entre eles pasaban camiños de terra que levaban a explanadiñas coas suas canchas de deportes, parques infantís, bancos, herbiña para tumbarse nela e mirar o ceo e ata descubrín un pequeno auditorio ao aire libre para actuacións, cine, etcétera.

No mais fondo do meu soño fun dar coas cortes, os tractores e as vacas da Deputación, alí pacían mansamente coma se nada, coma sempre. ¡Qué cousas! Dende logo no meu soño non aparecía o Corte Inglés, nin edificios de ningún tipo. Iso sí, pareceume ver que se fixera unha Residencia Sanitaria máis grande. O resto, era parque para nós os cidadáns e para os nosos fillos e os nosos netos e como non, para a xente de fora que nos viña visitar. Todos quedaban coa boca aberta mirando esta maravilla da nosa cidade. Estar alí dentro era coma escoitar fermosas melodías cheas coas palabras dos mellores compositores ou coma ler os versos máis inspirados dos nosos poetas.

Cando espertei e voltei a realidade decateime de que últimamente só soño parbadas incomprensibles para a mentalidade da nosa época pero foi fermoso, como o soño dunha noite de verán.

Te puede interesar