A concelleira de Cultura valora que ‘estas Xociviga foron as mellores dende que estou no Concello’

Os trucos de maxia do artista Luis Boyano serviron na noite de onte no Auditorio do Carballiño como acto de clausura das Xornadas

O mago Luis Boyano, na súa actuación de clausura das Xociviga no Auditorio. (Foto: Martiño Pinal)
Os trucos de maxia do artista Luis Boyano serviron na noite de onte no Auditorio do Carballiño como acto de clausura das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga), que acadaron a súa vixésimo sexta edición con moitas novidades. Entre elas, a concelleira de Cultura, Inmaculada Ucha, destaca ‘a presenza de actores e directores para a presentación dos seus traballos, as galas de inauguración e entrega de premios e, tamén, a colaboración prestada polos pioneiros desta iniciativa e os artistas carballiñeses’.
O mago Luis Boyano fixo ‘desaparecer’ as Xociviga na súa actuación de onte a noite no Auditorio municipal do Carballiño. Tan só foi un espectáculo de maxia que clausurou as Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia tras unha completa semana adicada ó audiovisual, en especial, ó galego.

Foron máis de 30 proxeccións de longametraxes, curtas e documentais, ‘nos que hai que destacar a presenza de actores coma Rubén Riós e Chete Lera, e directores da talla de José Luis Cuerda, Ángel de la Cruz, Víctor Coyote ou Rubén Coca, que acudiron ó Carballiño para amosar os seus últimos traballos’, sinala a edil de Cultura, Inmaculada Ucha.

A responsable da organización aínda non ten un reconto dos espectadores que asistiron ás sesións, ‘pero vimos moita máis xente que nas edicións anteriores, incluso nas funcións da Casa da Cultura, e por iso teño que dicir que estas foron as mellores Xociviga dende que son conce lleira desta área, o ano 2003’.

Inmaculada Ucha tamén valora as figuras de Xosé Prada, que recibiu a segunda Insignia de Ouro das xornadas, e de Xosé Manuel Olveira, ‘Pico’, o popular actor ‘que se fixo acredor da Xociviga de Honra pola súa lon ga traxectora no audiovisual galego’. A coordenadora do festival fai mención da ‘colaboración prestada polas persoas que fundaron as xornadas, como é o caso Miguel Anxo Fernández e José Luis Diz, e dos artistas locais Roi Prada, que fixo o car tel, e Chicho Carballido, autor da escultura do premio’.

Inmaculada Ucha valorou, ademais, os actos de inauguración e de entrega de galardóns, ‘nas que veciños e autoridades arrouparon ás persoas que mereceron o noso recoñecemento’.

Te puede interesar