FIESTA

Vilar de Astrés honra á Inmaculada Concepción

photo_camera Os veciños de Vilar de Astrés sacan en procesión a su patrona, a Inmaculada Concepción.

. A xornada empezou cós tradicionais actos relixiosos que reuniron a decenas de veciños de toda a vila.

Vilar de Astrés despediuse onte das súas festas en honor a súa patrona da Inmaculada Concepción tras varios días de festexos. A xornada empezou cós tradicionais actos relixiosos que reuniron a decenas de veciños de toda a vila.

A partir das 12.00 horas, a igrexa da Purísima Concepción foi testigo da devoción dos seus veciños pola virxe. Tras a misa cantada, levaron en procesión a imaxe da súa patrona polas rúas da localidade, momento no que moitos feligreses aproveitaron para pedirlle os seus máis íntimos desexos e para darlle grazas pola súa intercesión. Tras os oficios relixiosos, tivo lugar a sesión vermú na que a orquesta Bohemia foi a encargada de amenizar a mañá.

Dende o venres, os veciños puideron disfrutar das actuacións musicais das orquestas Yucatán, unha das máis prestixiosas de España e da orquestra Gran Vía, entre outras. Os membros da Comisión de Festas, Héctor, Pablo e Suso destacan o apoio dos veciños dos que din que se portaron bastante ben durante as últimas semanas previas os festexos.

Te puede interesar