O Albergue acolle un Nadal para tódalas idades

Albergue de Vilariño de Conso, centro neurálgico de la actividad.

O Nadal chega a Vilariño de Conso con actividades para todas as idades. Durante este período, o Albergue da localidade acolle distintos obradoiros co fin de dinamizar o tempo de lecer de maiores e pequechos. 

A programación iníciase o próximo xoves 15 de decembro, a partir das 17,00 horas, cun taller de elaboración de xabóns naturais destinado a tódolos veciños do municipio. O seguinte sábado, 22 de decembro, será a quenda dunha xornada adicada a decoración de Nadal elaborada de xeito tradicional. A iniciativa terá lugar tamén a partir das 17,00 horas no albergue municipal e será necesaria unha inscrición previa a través dunha chamada telefónica ás instalacións. Estas actividades serán realizadas pola Cruz Vermella de Conso-Frieiras.

Estas iniciativas están destinadas á poboación adulta, pero tamén aos cativos da localidade. Así, unha ludoteca de Nadal na que se realizarán manualidades, xogos e serán protagonistas os contos, ocupará o seu tempo de lecer dende o 26 de decembro e ata o vindeiro 4 de xaneiro. Destinada a nenos de entre 3 e 12 anos de idade, será tamén necesario realizar unha inscrición previa no albergue da localidade, lugar onde se levarán a cabo as actividades.

Te puede interesar