O San Antón de Viana despídese ata o ano 2024

La Orquesta Cinema interactuó con el público
photo_camera La Orquesta Cinema interactuó con el público

O barrio do Toural de Viana do Bolo despide ata o 2024 a súa celebración do San Antón. 

Centos de veciños achegáronse durante a fin de semana ata a veciñanza da vila presidida pola figura do Boteiro. A festa iniciábase cun concerto de Pili Pampín e a actuación dunha discomóbil. Durante a seguinte xornada foi a quenda da actuación da orquestra Cinema e de DJ Tariro. A comisión de festas procedeu ademais a levar a cabo o sorteo de dous cochinillos e varios lotes de produtos locais. 

A misa e procesión de San Antón foi a protagonista da última xornada na que ademais estivo presente o Obispo de Astorga, Jesús Fernández González. Tras a tradicional misa, celebrada no Campo da Feira, o San Antón percorreu as rúas vianesas seguido dos seus devotos para dar paso a unha sesión vermú animada pola Charanga Támega. 

O pasado 3 de xuño levouse a cabo ademais unha cea popular co fin de recadar diñeiro para o evento. Unha iniciativa que se realizou por primeira vez no municipio e que xuntou a centos de veciños no Campo da Feira nunha xornada moi ben valorada polos que ata alí se achegaron co fin de colaborar. 

O San Antón despídese ata o próximo ano cunha valoración moi positiva, tanto por parte dos veciños como por parte da comisión de festas integrada por catro rapaces novos do lugar que queren agradecer a colaboración dos veciños, sen os que sería imposible realizar as festas patronais de San Antón adiante.

Te puede interesar