Os vianeses contarán cun amplo programa do Día da Muller

As actividades comezarán o xoves 14 de outubro cunha charla na sala de exposicións do Concello

O Centro de Información á Muller de Viana do Bolo presenta unha ampla programación, dirixida a tódolos públicos, para conmemorar o Día Internacional da Muller Rural.

As actividades comezarán o xoves 14 de outubro cunha charla na sala de exposicións do Concello, ás 19,30 horas, que leva por título “Stop Endometriose”, na que se tratará esta enfermidade que afecta unha gran cantidade de mulleres durante a súa vida reprodutiva.

O venres 15, será o quenda da actividade “Festivaleiras”, unha iniciativa que encherá a Torre da Homenaxe de música, humor, proxeccións e unha merenda para os participantes a partir das 18,00 horas. O luns 18, na Biblioteca pública Municipal, ás 18,30, levarase a cabo o itinerario de “Dende Exeria a Xela Arias”, no que pasando por Rosalía de Castro, Filomena Dato, Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán, se darán a coñecer as súas obras. A programación continúa o venres 22, a partir das 20,00 horas, cunha charla coloquio da man da escritora María Canosa, recoñecida na literatura galega polas súas obras infantís e xuvenís. O obradoiro “Coidar de min, coidar de nós”,  poñerá o broche final á programación o sábado 23 a partir das 11,00 horas na Biblioteca Municipal.

Te puede interesar