Xosé Bieito, un capellán castrense al servicio de la paz

A pesar da súa xuventude Xosé Bieito leva unha longa traxectoria eclesiástica. Unha vocación que descubriu no Seminario ourensán e que o levou do seu Sande natal a ser Comandante Capellán Castrense, responsable na actualidade do servicio de asistencia relixiosa do servicio das Forzas Armadas do Exército de España. Viaxou un ano embarcado no buque escola Juan Sebastián Elcano, e agora acaba de chegar coa unidade do exército español desplegado en Ucraína onde, lugares ademais dos servicios eclesiásticos, son un brazo amigo no que apoiarse en momentos difíciles. No futuro? Calquera posibilidade está contemplada. 

Na actualidade é capelán castrense con rango de comandante. Pero antes fáganos un exercicio de memoria ata a súa infancia e adolescencia para lembar os pasos que seguíu ata chegar aquí. 

Os meus comezos foron no Seminario Menor de Ourense, onde cheguei dende o CEIP San Marcos de Cartelle por motivos de estudo. En principio non entrei por motivos vocacionais no seminario, senón que foi alí cando pouco a pouco, coa axuda de formadores e compañeiros fun descubrindo unha posibilidade de vocación ao sacerdocio. De aí pasei ao Seminario Maior onde facíamos 2º de Bacharelato e nese momento decidín comezar os meus estudos eclesiásticos.

Aquí é onde se pode decir que se marca un punto de inflexión no seu porvir.

Exacto. Había algo en mín co que non acababa de sentirme totalmente satisfeito, así que trato cun capelán castrense, e é cando decido dar o salto e marchar a Madrid ao Seminario Castrense Juan Pablo II. Alí aceptáronme e continuei os estudos eclesiásticos, pero no ámbito da formación militar. Un cambio de rumbo do que non me arrepinto para nada. Foi un novo comezar en algo totalmente distinto do que tan só tiña coñecemento pola Xornada Mundial da Xuventude de Madrid, onde tivera un primeiro contacto na Catedral Castrense. Aí comecei a indagar na Internet -hoxe en día na rede está todo (risas)-, e a averiguar máis do que rodea ese ámbito da man doutro capellán castrense, tamén veciño de Sande, Enrique Bande.
Cando teño claro ese futuro, decidín que, en vez de ordearme en Ourense, e, unha vez ordeado, co permiso do obispo marchar a Madrid, marchar directamente a Madrid.

Fagamos unha pausa. Como vostede mesmo se define, un neno de aldea chega a Madrid. Como foi ese momento?

Imaxinate! Eu coñecía Sande e o Seminario. Esas eran as miñas dúas realidades. Recordo chegar a Chamartín e virme recoller un amigo que coñecera nos Milagros para levarme á porta do Seminario Castrense. Cando a vin, sen personalidade ningunha, comparada coa magnificencia e maxestuosidade da do seminario de Ourense, estiven a piques de dar a volta (risas). Naquel momento dixen “que fago aquí?”. Os primeiros momentos foron moi complicados e costoume moito. Dunha formación case persoal a unha universidade con máis de 80 alumnos por clase… Estaba nunha grande cidade, e eu víame tal cual Paco Martínez Soria (risas). E, por suposto, a morriña da miña terra e da miña xente. 

Como foi esa etapa formativa?

Neses anos, os que eleximos a rama castrense, combinamos a formación teolóxica en conxunto, coa preparación específica militar os sábados e durante o verán. Foron tres anos ata aprobar a Licenciatura e a ordeación diaconal que tivo lugar en Madrid. 

E chegou á hora dunha nova viaxe. 

O meu primeiro destino foi San Fernando, Cádiz, na Escola de Suboficiais da Armada, no Arsenal da Carraca, e nunha parroquia castrense colaborando co párroco, dando así os meus primeiros pasos como sacerdote. E, como os primeiros amores que non se esquecen, este primeiro destino foi moi bo. Especialmente por dous motivos. Un, porque un chega con toda a ilusión do sacerdocio recén estreado, e fagóo a unha escola na que había un ámbito de formación onde se daban clases de ética a todos os alumnos e suboficiales que se preparaban para a armada. E tamén tiña unha brigada de Infantería da Marina que facía que tivese un contacto directo coa realidade dos mozos e mozas que forman parte das forzas armadas. Pasan tres anos, eu teño 25, e recibo o nomeamento para ir como capelán profesor no buque escola Juan Sebastián Elcano como capitán, sen perder o meu destino de San Fernando. 

E esta viaxe dembarcao a unha nova realidade, ademais de pisar terras ao outro lado do Atlántico. 

Foi un destino impresionante, pero marcado por unha viaxe peculiar. Conmemorábase o 300 aniversario da Escola de Oficiais da Armada, polo que tiñamos que facer escala si ou si en Marín, polo que a viaxe se acortou. Saimos de Cádiz, pasamos polas Illas Canarias, República Dominicana, Nova Iorque, ata Marín para facer a celebración, e continuamos a viaxe cara o norte de Europa pasando por Dublín. 

E cando pensaba que volvería un segundo ano embarcado…

Non me fagas “spoiler”! (risas). Paramos, coma todas as viaxes do Juan Sebastián Elcano, no mes de xullo coincidindo coa celebración da Virxe do Carme. Momento no cal o obispo castrense, Juan del Río Martín, embarca na baixada de Marín a Cádiz. Durante eses cinco días de navegación teño a oportunidade de coñecelo máis.  Unha vez rematada a viaxe, veño a Galicia para desfrutar das miñas vacacións e, no momento de voltar a San Fernando, chámame o Bispo para que acuda a unhos exercicios espirituais que daba el mesmo en Archena, Murcia. Nese momento anunciame que tiña pensado moverme para Madrid. E eu só vexo que estaei 400 quilómetros máis preto da miña terra.  

E chegou xuño e con el, un novo destino temporal: Letonia.

Máis ben chegou febreiro, que nese mes xa me preguntaron “estarías disposto a viaxar a…?” E eu tan só contestei “se o Bispo cree que estou preparado…” Non esquezamos que na nosa labor prometemos obediencia.   Neste marco, comentar que nós temos destacamentos no Líbano, Irak, Turquía, Letonia, en fragatas e no Buque Escola, onde facemos turnos rotativos de seis meses servindo nun posto, e, por esa rotación, sempre que se pasen tamén probas físicas e psicolóxicas, poden chamarnos para acompañar ás unidades que se desplegan en cada un destes puntos. 

E novamente o descoñecemento, aínda que coñecía a xente que xa estivera destinada en Letonia, nunca sabes como é o día a día realmente. Xa sabes, estos problemas que temos no primeiro mundo: onde vas durmir, que vas comer, como te vas desenvolver. As veces somos tan egoístas que eses son os primeiros problemas que che xurden cando te enfrentas a un cambio.  Tamén hai que sumarlle as circunstancias persoais, e o propio contexto europeo en plena crise da guerra entre Rusia e Ucraína e toda a inestabilidade que a rodeaba. 

Como foi a experiencia?

Nós imos cunha presencia avanzada no contexto da Otan cunha misión de disuasión e defensa. Por sorte, tan só tivemos que cumplir a primeira delas. Na Alianza Atlántica, España colabora asiduamente -nós éramos a 14 rotación en devandito destino-, e non deixa de ser unha colaboración de diferentes países da Otan para fortalecer esa alianza e poder levar a cabo todos os tratados aos que se cheguen. 

Ía de comisionado cunha unidade de 800 persoas que se coñecen desde fai anos, e eu chego de “novato” e teño que integrarme nese núcleo forte. Outra incertidume para mín. 

Como é o seu día a día nunha misión internacional?

Resumía sempre o noso antiguo arzobispo, que a labor do capelán é “gastar sola de zapato”. Non é o único, pero con elo referíase a camiñar moito para buscar á xente. A diferencia moitas veces entre un capelán e un párroco, é que o párroco toca as campás e os ferigreses acuden. O capelán debe moitas veces saír a buscalos. 

Nós non impoñemos a nosa presenza, senón que somos un brazo amigo a miles de quilómetros de distancia. Unha persoa que pode dar unha palabra de alento, de esperanza e de ánimo. A xente é moi receptiva ao “pater” -que é como nos chaman-, xa que non só ven ao sacerdote que está alí presente, senón a un compañeiro que está na mesma situación que eles. Impartimos tamén equilibro e paz entre os diferentes mandos, xa que, ao ter relación con todos, somos un termómetro que sabe cando actuar ante algunha posible friccións que poida xurdir ao estar 24 horas sete días á semana nunha base lonxe da casa durante seis meses. 
Aparte, por suposto, de facer as labores habituais dun párroco: eucaristía, catequesis, confesións… Nese senso, estou moi orgulloso de que 43 soldados recibiron a súa confirmación en Letonia e dous estánse preparando para o Bautismo, Comunión e Confirmación. 

Tamén colaboraba cos capeláns de Cánada impartindo charlas sobre alcoholismo, drogas e prevención de suicidios. Hai toda unha rede, non só relioxiosa, senón ética e moral que pode axudar á vida dos soldados. E sempre da man do servizo de psicoloxía que tamén conta a unidade. Ambos formamos un tándem moi importante para as unidades. 

E tamén tiña a súa parte de esforzo físico.

Si. Salvando as distancias de que ningún capelán somos “Rambo” (risas), temos que ter certa condición física para poder facer fronte ao lugar onde estamos destinados cos soldados desplegados. Así que tamén tiven que facer probas de supervivencia, exercicio físico para manterse en forma, prácticas de tiro (aínda que esto é o fin último)… algo que xa comezamos no seminario con probas físicas semanais, quincenais… para comprobar a nosa capacidade. 

En caso de entrar en conflicto, a súa presenza leva un distintivo.

Segundo o Convenio  de Xenebra levamos un brazalete e un parche igual que levan os paramédicos co cal, en teoría, son persoas que non se poden atacar. Con todo, en caso de ter que saír a un campo de batalla, sempre o faríamos acompañados por un soldado. De aí tamén a preparación física e técnica. Tamén podemos portar unha arma corta para actuar en caso de última necesidade. 

Con todo, como unha “negra sombra” sempre levamos ao igual que os soldados a nosa chapa identificativa e a bandeira coa que, en caso de falecemento, cubran o feretro co noso nome, no meu caso o apelido: Lopo.

Con todo esto, na casa que lle dixeron cando viron que tomaba o camiño eclesiástico?

Meus pais sempre foron relixiosos. No seminario sempre decimos que a primeira vocación ven dos pais. Eles danse conta de que algo pode haber. Pero sempre é unha sorpresa. En Ourense, non lles sorprendeu. Para o Seminario Castrense, xa non foi tan fácil. Máis que nada por descoñecemento. Pero sempre me apoiaron.

Antes de rematar, algo que igual se preguntan os lectores. Porque hai a presencia dun párroco nas Forzas Armadas?

O servicio de atención relixiosa das Forzas Armadas, aínda que mudou moito ao longo da historia, incluso de nome, ven de moi antiguo, levándonos a falar incluso dos “tercios” que ían acompañados por un sacerdote itinerante. Por que xurde esto? Algunha xente di que é un privilexio da igrexa, pero nós sempre decimos que “non é un privilexio, senón un dereito do militar a ser atendido relixiosamente”. É decir que o militar, pola súa condición de vida, precisa de atención relixiosa. Para elo, é preciso que o clero esté preparado para ir nun barco ou a unha misión internacional, e convivir “x” meses con eles en igualdade de condicións. Un dereito que de atención relixiosa que, máis coñecido, hai sacerdotes nun hospital ou nunha cárcere. 

O capelán militar pon a arma mais poderosa na man dun soldado: a fe; da o maior consolo, a esperanza. É un servizo que pode apoiar aos soldados en tempos difíciles, consolalos e, algunhas veces, incluso salvalos

Sabe xa cal será o seu seguinte paso?

Sabe Deus… pero por agora seguirei en Madrid, pero sempre a disposición do Bispo. Sabendo que Deus se vai fiar de mín para facer a súa obra. O que me leva a un lema de San Pablo: “eu sei de quen me fiei”. E fiouse dun Lopo.

Te puede interesar