CERTAME

Aberta a inscrición para os Encontros de teatro escolar e amateur en Bande

Esta actividade está organizada polo IES Aquis Querquennis, o CEIP Xoaquín Lourenzo e o Concello de Bande e está destinada a alumnos e alumnas de ensino non universitario e tamén a amateurs

Xa hai datas para os XXIII Encontros de Teatro Escolar e Amateur en Bande. Serán do 14 ao 18 de maio, excepto o día 17.  Esta actividade está organizada polo IES Aquis Querquennis, o CEIP Xoaquín Lourenzo e o Concello de Bande e está destinada a alumnos e alumnas de ensino non universitario e tamén a amateurs. 

O lugar de celebración do evento será nesta ocasión o CEIP Xoaquín Lourenzo e xa está aberto o prazo de inscrición para participar no certame. Os impresos, que poden atopar na propia web do Concello de Bande, deberán ser enviados antes do día 21 de marzo por email a [email protected], ou entregar na propia sede municipal. 

Todos os centros de ensino que participen nos encontros recibirán un premio de 200 euros e diploma de participación, agás que se considere que a obra non se axuste ás bases. As obras presentadas han de estar escritas en galego e non deberán ter unha duración superior aos 15 minutos , nin exceder os 60 minutos. Cada centro poderá participan cun máximo dunha obra que deberá ser presentada por un membro do grupo participante.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar