XORNAL ESCOLAR

Almorzo saudable para todos

photo_camera Imagen del CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía.

No CEIP padre crespo de xunqueira de ambía fomentan hábitos de vida adecuados e amplían o horizonte cultural a través da gastronomía

O CEIP Padre Crespo segue a mellorar e a ampliar as instalacións do centro. Están inmersos en distintos programas educativos e culturais. Todo o profesorado do centro educativo participa en proxectos comúns, introducen a educación emocional nas aulas e están inmersos na formación en novas tecnoloxías.

Por segundo ano consecutivo podemos falar de aumento de matrícula?

Creo que é un gran logro e o reto está en que poidamos manter estes números. Nós estamos nun Concello privilexiado, moi ben situado, polo que imos resistindo. Ademais, intentamos atraer novo alumnado da contorna, optimizando as vantaxes que ofrece un centro pequeno coma o noso: unha oferta educativa de calidade ao participar en moitos proxectos, programas e saídas culturais; unhas aulas non masificadas; un comedor escolar premiado polo fomento da alimentación saudable;  mediante a cooperación con outros centros da comarca para aproveitar recursos, organizar actividades, dinamizar a biblioteca; abrindo o colexio á participación en distintas actividades dunhas familias moi involucradas e tentando que toda a comunidade educativa se implique polo ben común de sacar o colexio adiante.

En que proxectos participa o centro educativo de Xunqueira de Ambía?

Estamos en diferentes proxectos, dentro dos Plan Proxecta para a innovación educativa, participamos no "Aliméntate Ben" e en "Consumópolis". 
Nos Contrato-Programa estamos apuntados en tres modalidades diferentes: PROA (reforzo educativo fóra do horario escolar); na Mellora das competencias clave: matemáticas, ciencia e tecnoloxía e en comunicación lingüística; e por último no programa para a Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros e formamos parte das Seccións Bilingües (Plástica e Ciencias), contando cunha auxliar de conversa estadounidense: Julia Satoh. Tamén estamos no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares e participamos no Deporte Escolar e en Escolas en Acción, Rede Natura 2.000.

Como valora a implantación do programa "Aliméntate Ben"?

Para nós marcou un antes e un despois no comedor escolar e na vida do centro. Pasou a formar parte do día a día: ao rematar a segunda hora, todo o alumnado e profesorado baixa ao comedor dez minutos para compartir un almorzo saudable. Decidimos que non se podía traer nada de comer á escola, evitando así distintas problemáticas. Concebimos o comedor como unha parte máis da nosa labor educativa, fomentando verdadeiramente hábitos de vida saudable e ampliando o horizonte cultural dos nenos e nenas a través da gastronomía. Coidadmos moitísimo os nosos menús, moi variados e equilibrados, con produtos frescos e, no que podemos, ecolóxicos. Van con recomendacións e suxerencias para as ceas para facilitarlle o traballo ás familias. Están supervisados por un nutricionista (Juanjo Vilachá) e os cociñeiros, tanto Felipe, actualmente de baixa, coma Marisa, fan unha gran traballo.

Hai dous cursos acadaron formar parte do Plambe, que cambios supuxo?

Pasar a formar parte do Plambe supuxo dispor de máis recursos para poder renovar e ampliar a Biblioteca, tanto a nivel espacial coma en fondos, materiais ou medios tecnolóxicos. Ter unhas instalacións atractivas fai que o alumnado desexe ir gozar do novo espazo e que ao profesorado isto lle facilite, a de por si complicada, labor de fomentar a lectura. Estamos acabando coas obras e esperamos que co novo ano estea a pleno rendemento.

A todo esto hai que engadir que durante estes dous cursos iniciamos unha estreita colaboración coa Biblioteca Municipal e coas Bibliotecas escolares dos centros educativos de Allariz, que agora ampliamos a outros centros de Xinzo, Celanova, Bande, Molgas, Barrio... Sen esta cooperación e o apoio dos Concellos e librarías coma Aira das Letras, non poderíamos sacar adiante estes proxectos.

Para finalizar que actividades extrescolares se levan a cabo?

A ANPA organiza clases de inglés, obradoiros de manualidades, baile moderno e patinaxe e o Concello organiza: inglés, informática e fútbol sala.

METRES DO COLE

                               Javier Pérez Gallego, o director

Javier Pérez Gallego. Este é o cuarto curso que está no centro e o terceiro coma director. É o especialista de Inglés para todo o alumnado e titor de 4º e 6º, onde tamén imparte lingua galega, ciencias sociais e naturais.

IMG_4417_result

María Begoña Fernández Nóvoa, mestra de Educación Infantil

Mª Begoña é a titora de  4º e 5º Educación Infantil, alumnos de tres e catro anos na mesma aula. É a coordinadora de Educación Infantil.

IMG_4415_result

Josefa Gómez Rodríguez, mestra de Educación Infantil

É a titora de 6º de Infanil, útimo curso desta etapa.Participa, igual que todos os compañeiros, na formación en novas tecnoloxías.

IMG_4419_result

Enma Fernández Pérez, mestra de Educación Musical

Emma é a Especialista de Música e titora de 1º e 2º de Primaria. É a mestra que máis tempo leva no centro de Xunqueira. É a encargada da Biblioteca e Comedor escolar.

IMG_4416_result

María Blanco Lage, mestra de Educación Primaria

María é a titora de 3º de Primaria. Tamén é especialista en Inglés e imparte Plástica na Sección Bilingüe.

IMG_4413_result

Isaura Baños Gándara, mestra de Educación Primaria

Mª Isaura imparte clase en tódolos niveis, principalmente en 4º e 6º de Lingua Española e Matemáticas. Apoia na aula en 1º, 2º e 3º e imparte estimulación da linguaxe en Infantil.

IMG_4411_result

Ana Morais Gómez, Mestra de Educación Física

Ana é a Especialista de Educación Física e Psicomotricidade no centro educativo. Tamén imparte Matemáticas en 1º e 2º de Primaria e apoia na aula de 3º, 4º e 6º de Primaria.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar