Alumnos do Manuel Sueiro e CIFP Portovello, unidos pola horta

Agora queda coidar os froitos 
ata que estean listos para comer.
photo_camera Agora queda coidar os froitos ata que estean listos para comer.

Tomates, leituga ou cenouras son algúns dos productos que cultivan na horta

Os alumnos do colexio Manuel Sueiro son uns auténticos profesionais da horta e, por iso, aproveitan un recuncho do terreo do CIFP Portovello para realizar as súas prantacións. Coas ferramentas na man, cruzaron os metros que separan os dous centros educativos para sementar tomates, leituga ou cenouras. Cando saian os froitos, todos xuntos poderán saborear unha ensalada moi saudable. Así o levan facendo durante todo o curso, adaptando as sementes a cada época do ano. 

Non é este o único proxecto no que o colexio Manuel Sueiro e o CIFP Portovello colaboran, senón que son habituais as propostas educativas na que ámbolos dous centros reúnen ós seus alumnos para aprender xuntos. Deste xeito, os cativos do colexio de Educación Infantil e Primaria participaron recentemente nunha actividade para axudarlle ós alumnos do ciclo superior de Animación Sociocultural a poñer en práctica as súas aprendizaxes. Foron os rapaces de segundo os que acudiron a unha sesión de xogos populares que os maiores prepararon para eles. Xogos de presentación, carrilanas, a rá, xogos de aros... fixeron que os "Superheroes do Sueiro" disfrutaran dun momento de lecer a carón da horta escolar, sen perder de vista así o progreso dos seus traballos como expertos agricultores. 

As dúas experiencias, tanto a da horta como a dos xogos, foron moi satisfactorias para as comunidades educativas dos dous centros, polo que de seguro que repetirán pronto. Mantense deste xeito a colaboración entre os alumnos máis novos e os máis veteráns, que traballan xuntos para aprender uns dos outros e axudarse mutuamente nas súas formacións.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma