XORNAL ESCOLAR

Ampla oferta formativa

13.06.16.XINZO DA LIMIA.REPOR LAGOA DE ANTELA.
photo_camera Fachada do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia.

O IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia oferta as modalidades educativas de ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos de Administrativo e Forestais, FP Básica de Electrónica, Ensino de Adultos e That´s English

No municipio ourensán de Xinzo de Limia está ubicado o IES Cidade de Antioquía, un centro de ensino de referencia na comarca nas modalidades educativas de ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos de Administrativo, FP Básica de Electrónica, Ensino de Adultos e no programa That´s English.

O IES Cidade de Antioquía abre cada día as súas portas ás 8.30 horas e non se pechan ata ben entrado o serán, xa que oferta a estas horas os estudos de adultos. 

Este curso, o centro contou con máis de 300 alumnos e alumnas matriculados e repartidos nas numerosas ofertas formativas coas que contan, pese a elo, o equipo directivo traballa con esmero para que o tratamento co alumnado sexa o máis personalizado posible, atendendo sempre ás demandas e necesidades específicas de cada alumno e alumna. 

O equipo docente, especialista nas distintas materias que se imparten no centro, busca combinar as clases teóricas con actividades prácticas de cada materia para lograr así un coñecemento máis profundo de cada tema, a experiencia sinala o froitífera que é esta combinación de teoría e práctica para que xa dende o instituto, os escolares teñan un acercamento ao que se atoparán moi pronto no mundo laboral.

No tocante ás instalacións do centro, ademais das aulas propias de cada curso, contan con espazos específicos para a realización de actividades prácticas, esto é aulas propias de informática, espazos para as prácticas de Administrativo e Forestais e talleres propios para a materia de Electrónica. Todos estes espazos están perfectamente equipados cos medios tecnolóxicos máis punteiros.

Parcela anexa ao centro

O IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia é un centro de ensino de amplas dimensións que se complementa cunha parcela anexa que permite que o alumnado esté en contacto directo coa natureza. Esto permite que se leven a cabo numerosas actividades ao aire libre e que o alumnado aprenda durante esta etapa educativa a importancia do coidado e do respecto ao entorno. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar