XORNAL ESCOLAR

Aposta polas novas tecnoloxías

No colexio princesa de España contan cunhas magníficas instalacións e espazos ben diferenciados 
para cada unha das actividades que realizan

O colexio Princesa de España de Verín é todo un referente na comarca. Acoden diariamente este curso ao centro un total de 260 escolares repartidos nas modalidades educativas de Infantil e Primaria, das que dispoñen de dúas liñas.

O centro divídese en aulas propias de cada curso e espazos específicos, para realizar actividades concretas, como pode ser o caso do ximnasio, a aula de música, o comedor escolar, a biblioteca, a aula de informática, etcétera. Cabe salientar as grandes dimensións do comedor escolar que conta cun total de 250 prazas e un equipo integrado por un cociñeiro e tres axudantes que se encargan da elaboración de deliciosos menús con productos frescos e saudables.

As novas tecnoloxías e estar a vangarda en todo o que se refire a este aspecto do aprendizaxe son unha prioridade neste colexio da vila do Támega, onde contan con pizarras dixitais interactivas e canóns en todas as aulas, tanto de Infantil como as de Primaria. Estes avances tecnolóxicos permiten que o alumnado se familiarice coas novas tecnoloxías dende idades temperás e resulta ser unha maneira moito máis dinámica e atractiva de impartir as clases no día a día.

Continuando coas instalacións e dotacións do centro contan cun equipado ximnasio onde dispoñen do seu propio circuito de psicomotricidade, un aspecto de gran importancia na etapa infantil. 
Unha das asignaturas pendentes das dotacións do centro é cubrir o areeiro co que contan no patio do centro, esta sería unha boa nova xa que permitiría que aqueles días de chuvia cando o tempo menos acompaña, os cativos tamén puideran gozar deste estupendo espacio de ocio.

Outro dos espazos con encanto do centro é a biblioteca onde acoden todos os alumnos do centro con frecuencia. Os profesores saben da importancia de ler e por eso convertiron este espacio do colexio nun dos máis acolledores que invita a entrar e a pasar bos momentos lendo e gozando do pracer das fantásticas historias que se recollen dos libros. 
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma