Aprender ó ritmo do Poli Marchoso

Alumnado de Infantil con Peonín 30, o Poli Marchoso e o director de Cisneros ensinan unha lembranza do encontro.
photo_camera Alumnado de Infantil con Peonín 30, o Poli Marchoso e o director de Cisneros ensinan unha lembranza do encontro.
O colexio Cardenal Cisneros recibiu a visita de coñecidos personaxes para afondar na importancia da educación e a seguridade viarias
A poucos días de rematar o curso, o colexio Cardenal Cisneros recibiu unha visita moi especial, O Poli Marchoso e Peonín 30 achegáronse ó centro educativo para concienciar ós cativos sobre a importancia da Educación Vial. Os dous foron recibidos como heroes polos rapaces e xuntos celebraron unha gran festa con numerosas e variadas actividades de seguridade viaria dirixidas por José Vázquez Suárez e Beni Bouzada. Tuca, Sapito ou Martiño tamén estiveron alí para cantar cos alumnos algunhas cancións, presentar traballos e homenaxear ós personaxes. Tódolos niveis educativos participaron neste gran evento educativo, que deixou grandes momentos na lembranza da comunidade escolar de Cisneros.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar