XORNAL ESCOLAR

Atrapados pola maxia dos contos

Ourense. 09-01-15. Local. Ballet para nenos no Auditorio.
Sofía, Carla, Inés, Claudia, Carla
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Ballet para nenos no Auditorio. Sofía, Carla, Inés, Claudia, Carla.

O Auditorio Municipal de Ourense continúa estes días coa oferta cultural adicada ós máis cativos da casa

Cada semana son múltiples as citas infantís que acolle o Auditorio Municipal de Ourense, se ben hai uns días o encontro era máis especial aínda xa que o protagonista era o Ballet de Cámara Nacional de Ucrania, todo un referente nesta modalidade artística que citou a numerosos nenos e nenas no recinto municipal. Presentaron o seu espectáculo titulado "La magia de los cuentos", onde se recrearon diversos personaxes dos contos clásicos de tódolos tempos.

Tratouse dunha obra inspirada na literatura infantil e en compositores universais, como Chaikovsky. O Ballet de Cámara Nacional de Ucrania está composto por bailaríns da primeira élite do teatro nacional da ópera de Lviv, e conta cos primeiros solistas do ballet nacional de Ucrania.

O encontro resultou todo un éxito e os cativos que participaron na cita cultural estaban encantados co espectáculo único que presenciaron.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?