As aulas sonan ó ritmo dos Beatles

photo_camera Los alumnos del colegio Divina Pastora Franciscanas visitaron hoy la exposición del Centro Cultural Marcos Valcárcel acerca de los Beatles.

Os escolares visitaron a mostra que reúne obxectos ligados á banda máis famosa da historia da música

 

“Ao redor do universo Beatle” é o título da exposición que permanece no centro cultural Marcos Valcárcel e que ten chamado a atención de numerosos escolares da cidade. A mostra, comisariada polo médico coruñés Chema Rios e que aglutina unha importante selección de obxectos de fans particulares, achegoulles ós máis novos todo o universo dunha banda musical que revolucionou a música nos anos 60 e 70. 

Alí estiveron, entre outros, alumnos de Educación Secundaria de Franciscanas, que se sorprenderon pola gran influencia musical e tamén na cultura pop deste grupo inglés, do que coñecían algunhas cancións pero non tódolos segredos da súa historia.

Os photocalls coa portada dos discos “Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band” ou  “Abbey Road” permitíronlle ós mozos e mozas adentrarse aínda máis no universo Beatle e foron os puntos máis fotografados da exposición, que pode visitarse ata o vindeiro xoves, día 12 deste mes.

Outro dos elementos que máis lles chamou a atención foi a máquina de reproducción de discos, moi típica nos bares de hai décadas, e que os achegou a un tempo no que a música dos Beatles acompañou unha revolución social.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma