Porque estudiar é aprender

Canto sabes do Entroido?

A orixe da palabra Entroido, a súa historia, tradicións e máis curiosidades nas Chuletas de hoxe.

Etimoloxía: Entroido ou Carnaval

xornalescolar_2302_chuletas_002

Tanto se optas pola forma galega “Entroido” como pola castelá “Carnaval”, a orixe está no latín. No caso galego, a base sería a palabra “introitus”, que significa “comezo” ou “entrada”. Así, a etimoloxía do Entroido singificaría que o inverno está chegando á súa fin e a primavera comeza a aflorar nos campos. O primeiro documento que fai referencia a este termo data do século XIII. 

No caso do Carnaval, a acepción da súa orixe é máis relixiosa. Os expertos sitúan o nacemento do termo no “carne-levare” latín, que significa literalmente “abandoar a carne”. Porque iso era o que se facía cando comezaba a época da Coresma -da que falaremos máis adiante- e tocaba deixar por unhas semanas o consumo de carne. 

Outra teoría sinala ó italiano “carne vale” como orixe do termo, facendo deste xeito referencia a que durante a época desta festa está consumido permitido consumir carne. A palabra catalana “Carnestoltes” para referirse a esta festa tería esta mesma orixe.

Historia: Chega a Coresma

xornalescolar_2302_chuletas_002

Nas noites de máis frío, seguro que algunha vez te preguntaches por que o Entroido non se celebra no verán. Pero o Entroido non se podería entender noutra época porque a súa historia está ligada á chegada da Coresma. Segundo a relixión católica isto significa que chega unha época de asueto, polo que o Entroido non é máis que unha gran festa de liberación antes de entrar nos días previos á Semana Santa, nos que manda o recollemento.

Calendario: Sen data fixa

xornalescolar_2302_chuletas_005

O Entroido non se celebra nos mesmos días cada ano. Aínda que non o creas, a Lúa é a encargada de marcar cando toca disfrazarse. Se queres ver cando vai ser o Entroido, tes primeiro que buscar unha lúa chea. En concreto, no primeiro domingo de lúa chea despois do equinoccio da primavera (21 de marzo). Este evento marca o Domingo de Ramos e, a partir de aí, o comezo da Semana Santa. Se contas 40 días para atrás, chegarás ó Mércores de Cinza, cando comeza oficialmente a Coresma e tamén, o último día do Entroido.

Personaxes: ​Cada vila, o seu

xornalescolar_2302_chuletas_001

O Entroido en Galicia e, sobre todo, en Ourense, é unha relixión en si mesma. Cada comarca ten o seu propio personaxe, que pasa de xeración e xeración e que enche de cor as rúas. Os máis sinalados son os do chamado “Triángulo Máxico”: peliqueiros en Laza, cigarróns en Verín e pantallas en Xinzo. Pero son tamén moi sinalados os boteiros de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e Maceda, os felos de Maceda ou as bonitas de Sande. Nos últimos anos, outros concellos traballan por recuperar a tradición dos seus antergos, como é o caso dos troteiros de Bande, as madamitas de Entrimo ou os verrallóns en Riós. As tradicións do Entroido teñen tamén outros personaxes, neste caso inanimados, como son os Mecos.

Que é a Coresma?

xornalescolar_2302_chuletas_004

Tan pronto remate o Entroido, o Mércores de Cinza, comeza a Coresma. Aínda que xa apuntamos noutros apartados en que consiste, a Coresma é un tempo de 40 días que simboliza o periodo que Xesús pasou no deserto de Xudea e que marcaron o inicio da súa predicación. 

O número 40 é moi recorrente na Biblia, pois 40 foron tamén os días do Diluvio Universal, 40 os anos de marcha do pobo de Israel polo deserto e 40 as décadas de esclavitude dos hebreos en Exipto. É en memoria de todos estes eventos relixiosos que a Coresma representa un tempo de penitencia e reflexión. Son seis domingos que conclúen na Semana Santa e, por iso, podes contar que cando remate o Entroido terás vacacións dentro de 40 días. Mentres, o Carnaval, Entroido ou como prefiras chamarlle, ofrece uns últimos días de liberación total.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar