O meu cole chámase...

Carlos Casares

Infancia na Limia

xornalescolar_2505_casares_01

Ourense foi o seu lugar de nacemento, en 1941, e Vigo a cidade onde pasaría os seus últimos días -ata o seu falecemento en 2002-, pero o nome de Carlos Casares está intimamente ligado á localidade de Xinzo de Limia. Alí pasou gran parte da súa infancia, pero as ligazóns familiares con Porqueira ou Beiro fixeron que o rural estivese sempre presente na súa vida. Santiago de Compostela foi a súa cidade universitaria, a onde se trasladou para estudar Filosofía e Letras e alí entrou en contacto con importantes personaxes do galeguismo da época. A docencia centrou grande parte da súa carreira profesional. 

Literatura infantil

xornalescolar_2505_casares_02

Aínda que a súa producción literaria abrangue tódolos públicos, Carlos Casares centrou grande parte da súa obra no público máis cativo. Dende que no ano 1968 publicara “A galiña azul” -un volume que hoxe lle dá nome á rede galega de escolas infantís-, ata o ano 2000, foron moitos os títulos adicados a fomentar a literatura galega entre os miúdos. Salientan “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas” ou “O can Rin e o lobo Crispín”, títulos que hoxe continúan sendo de lectura obrigada para os máis pequenos. Toda a súa obra mantén unha linguaxe moi cercana que conquista a todo tipo de públicos. 

Cinco centros educativos

xornalescolar_2505_casares_03

A carreira docente de Carlos Casares fixo parada en varias localidades que hoxe o lembran dándolle nome ós seus centros educativos. É o caso de Viana do Bolo, que lle puxo ó seu instituto o nome dun dos seus mestres máis ilustres. Por suposto, a homenaxe non podía faltar no seu Xinzo de Limia familiar, onde se lembra nun dos colexios de Educación Infantil e Primaria. Ademais, tamén os colexios de Nigrán e Salvaterra de Miño -os dous en Pontevedra- levan o seu nome. No caso da Educación Secundaria, ademais de Viana do Bolo tamén o lembran a diario nun instituto de Vigo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar