HIPERACTIVOS

Os cativos poden descubrir aos animais xogando

A consellería de medio ambiente organiza unha serie de actividade para os nenos no Parque de Botánico.

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense vén de pór en marcha unha serie de actividades dirixidas tanto a nenos como a adultos e que se van desenvolver no primeiro trimestre de 2016 no Parque Botánico de Montealegre. 
No marco desta programación, o domingo, día 14 de febreiro, celébrase o obradoiro que leva por título "Descubrindo os animais". O horario desta actividade será pola mañá, de 11.30 a 13.30 horas.

O obxectivo deste obradoiro é que os cativos que se sumen a esta actividade descubran as diferencias entre uns animais e outros mediante o traballo en equipo, e que aprendan tamén os valores da amizade e o compañeirismo, todo esto dun xeito lúdico.
Outra actividade que está dirixida aos máis cativos da casa é a que se celebrará o día 28 de febreiro e que leva por título "Paxaros e comedeiros", que consiste na construción de varios tipos de comedeiros de paxaros, principalmente con materiais reciclados e con outros materiais sinxelos e fáciles de conseguir.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?