XORNAL ESCOLAR

Celebramos o día da Paz con Unicef

ImageProxy_result
photo_camera Os colexios conmemoraron o Día da Paz.

Enrédate é o programa educativo de UNICEF dirixido a centros de ensinanza que promoven o coñecemento dos dereitos da infancia

A última semana de xaneiro os colexios de Ourense conmemoran o Día da Paz. Unicef propón unha serie de actividades, diferenciadas nas tres etapas educativas, (Cores de paz para Educación Infantil, Bingo da paz para Educación Primaria e A misión diplomática para Educación Secundaria), que podemos encontrar na súa web educativa:                  www.enredate.org

Enrédate é o programa educativo de UNICEF dirixido a centros de ensinanza que promoven o coñecemento dos dereitos da infancia e o exercicio da cidadanía global solidaria e responsable. Unha oportunidade para educar en resolución de conflitos desde un enfoque de dereitos de infancia.

Celebrar o día da paz pode ser unha oportunidade para solidarizarnos con nenos e nenas que sofren por culpa da guerra e a violencia e, tamén, para adquirir aprendizaxes clave que nos axuden a construír a paz na nosa contorna.As actividades que che propoñemos para este día inclúen importantes aprendizaxes sobre algúns fundamentos importantes da paz, a non violencia e a resolución de conflitos: a non discriminación, valorar o que nos une e a importancia de buscar un diálogo común.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?