La Región

XORNAL ESCOLAR

¿Por qué se celebran o 17 o Día das Letras Galegas?

Algunas preguntas sobre el Día das Letras Galegas o os seus homenaxeados

¿Por qué se celebran o 17 o Día das Letras Galegas?

Homenaxeados - COMO SE ESCOLLEN?

Dende o ano 1963, a data do 17 de maio queda marcada no noso calendario como día das Letras Galegas. Ese ano, dado que coincidía co centenario da publicación de “Cantares Gallegos” de Rosalía, decidiuse que fose ela a primeira homenaxeada. A partir de aí os vindeiros homenaxeados decidiranse tal e como se recolle nos estatutos da Real Academia Galega. Estes expoñen, que o vindeiro autor ou autora deberá ter publicado unha obra relevante en galego, ademais a súa personalidade debe ser merecedora de ser exemplificada na sociedade actual galega. Recalca tamén, que deberá de pasar a lo menos dez anos dende a súa morte ata a data elixida como conmemorativa. Así mesmo, a personalidade a quen se vai a homenaxear, debe de ser escollida por un mínimo de tres membros da academia. Algúns dos homenaxeados e homenaxeadas foron Eduardo Pondal, Manuel Curros Enríquez, Francisca Herrera Garrido, Ramón Cabanillas, Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro, María Mariño…e moitos outros. Finalmente este ano 2019, o autor escollido pola Real Academia Galega foi Antonio Fraguas.

Historia - POR QUE UN 17 DE MAIO?

A Real Academia Galega, dende o ano 1963 asigna cada 17 de maio un homenaxe a un autor ou autora galegos que dedicasen a súa vida a defender e divulgar o uso da lingua galega e a súa cultura. Dende entón, todos anos nesta data celebramos con orgullo a divulgación da nosa cultura e a importancia do uso da nosa lingua propia.

A data escollida (17 de maio) débese a que tal día como este, no ano 1863, publicouse o primeiro exemplar da obra de Rosalía de Castro “Cantares Gallegos”. Son un conxunto de poemas que narran a cultura rural galega vivida pola autora tras pasar polos coñecidos como “séculos escuros”. Neste tempo a nosa lingua queda apartada e rexeitada; sen embargo, grazas  a esta publicación comeza activarse o “Rexurdimento” e a revitalización da nosa cultura e da nosa lingua.

Academia Galega - COMO SE FUNDOU?

A Real Academia Galega é unha institución que promove o uso e o estudo da cultura e da lingua galega. Entre moitas funcións, decide a personalidade literaria a que cada ano se lle dedicará o Día das Letras Galegas.

A academia realmente comezou a súa andaina na Habana, Cuba, onde naceu a Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega. Foi fundada por Xosé Fontela Leal e por Curros Enríquez co fin de crear a derradeira Academia Galega para dar unión á nosa lingua e asegurar a súa supervivencia.

Finalmente constituíse o 30 de setembro de 1906 con Manuel Murguía á cabeza da mesma xunto con outros corenta membros máis. O seu fin principal nese momento era crear un dicionario e gramática da nosa lingua, obxectivo que non foi doado de conseguir e menos aínda durante a guerra e a posguerra civil. Sen embargo, grazas o empeño das grandes figuras da nosa fala, a día de hoxe segue en pé, aportando valor e asegurando o seu recoñecemento e uso.

Antonio Fraguas - QUEN FOI?

Antonio Fraguas foi un escritor, antropólogo, etnógrafo, político, mestre e locutor de radio entre outros. Naceu o 28 de decembro do ano 1905 en Cotobade (Pontevedra). 

Súa nai Teresa, foi quen o iniciou no mundo da literatura ensinándolle as primeiras letras antes de que acudira á escola e mentres que seu pai canteiro de oficio, Manuel, estaba emigrado no Brasil. Antonio Fraguas medrou no intre dunha familia labrega e tiñan unha señora que lles axudaba na casa, chamábase Antonia. Ela contáballe costumes, tradicións e lendas galegas que eran de moito interese para Antonio e que posteriormente marcarían o seu destino literario, pois moitos dos seus artigos tratan sobre estes temas.
Marchou a estudar a Santiago de Compostela a carreira de Filosofía e finalmente licenciouse no ano 1928. Despois de rematar a carreira comezou a dar clases tanto na universidade coma no instituto.
Este ano 2019 dedícanselle as Letras Galegas debido á súa gran participación activa na defensa da lingua galega e máis da súa cultura.