O meu cole chámase...

Chamoso Lamas

De Cuba a Boborás

xornalescolar_2610_chamoso_01

Manuel Chamoso Lamas naceu en La Habana, a capital de Cuba, no ano 1909, fillo de emigrantes que se trasladaron a vivir na parroquia de Moldes, en Boborás, cando el tiña catro anos.  Chamoso criouse ó lado do pazo de Antón Losada Diéguez, que se converteu no seu mestre, antes de cursar Bacharelato en Pontevedra, onde tivo de profesor a Castelao. Filosofía e Letras e Dereito foron as carreiras que cursou en Santiago de Compostela e Madrid. Entre os seus docentes na época estiveron Eugeni d’Ors ou Ortega y Gasset.

Recuperación do patrimonio

xornalescolar_2610_chamoso_02

Ó comezar a Guerra Civil, Chamoso Lamas incorporouse ó “Servicio Militar de Recuperación”, coa misión de recuperar o patrimonio cultural, un obxectivo ó que lle encomendou boa parte da súa vida. Ademais de dirixir o patrimonio artístico durante os anos 40, realizou excavacións arqueolóxicas en Barbantes, San Cibrao de Las, Augas Santas de Allariz ou na Catedral de Santiago. Promoveu a declaración como bens de interese cultural de diferentes puntos da comarca do Carballiño e foi o fundador do Museo das Peregrinacións de Compostela.

Importante legado

xornalescolar_2610_chamoso_03

Unha vida adicada ó patrimonio cultural e artístico de Galicia deixou unha gran pegada na súa comarca familiar. Chamoso Lamas non só lle dá nome a un instituto no Carballiño, senón que tamén se creou na súa honra un centro de estudos que investiga e promociona diversos aspectos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro dende o ano 1994, nove anos despois do falecemento de Manuel Chamoso Lamas. Na “Casa da Bexanca” desenvolven o seu traballo durante todo o ano e convocan congresos e premios sobre patrimonio e cultura.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar