Chuletas

Chega a festa do Magosto

As orixes da festa

Como adoita acontecer con moitas das festas que se celebran no outono, o magosto procede dunha tradición pagana que coincide, como xa acontecía co Samaín, coa fin do verán e o inicio da época de frío e máis recollemento. Coa expansión do cristianismo, esta festa incorporouse ó calendario festivo relixioso e, en lugares como Ourense, mesmo se converteu no día festivo por antonomasia.

O lume e as castañas son os grandes protagonistas desta xornada, relacionada nun principio co culto á fecundidade. Nalgúns ritos antigos, as castañas eran consideradas un alimento de defuntos, como símbolo das almas liberadas do purgatorio. Pensa que xa na época do Paleolítico, as tribus que habitaban o territorio hoxe galego xa comían castañas…

Hoxe en día, aínda que sen tanto simbolismo, o magosto continúa sendo unha das festas máis grandes da provincia de Ourense, tanto no propio 11 de novembro, como durante toda a época de colleita das castañas. 

Castañas. Un alimento milenario

xornalescolar_0911_chuleta_01

As castañas son un dos alimentos máis antigos que se coñecen, especialmente en zonas do norte de España, como é Galicia. Durante o inverno, o consumo deste froito era moi común na dieta dos nosos antepasados, que aproveitaban o seu gran aporte nutritivo e adaptábano a numerosos platos. Aínda que o habitual do magosto son as castañas asadas, tamén se poden comer crúas, cocidas ou incorporalas a doces e pratos elaborados.

Producción. Onde hai castañas?

xornalescolar_0911_chuleta_03
xornalescolar_0911_chuleta_03

A provincia de Ourense é unha zona de gran tradición “castañeira”. Na zona oriental, nas comarcas de Valdeorras ou Manzaneda, están situados algúns dos mellores soutos e algúns destes froitos contan con indicación xeográfica protexida. Por esta producción e a tradición social, o magosto é unha das festas máis enxebres do noso calendario festivo

Xeografía. Onde se celebra?

xornalescolar_0911_chuleta_04
xornalescolar_0911_chuleta_04

O magosto é unha festa tipicamente ourensá, que tamén se celebra noutros puntos da xeografía mundial, naqueles lugares onde os castiñeiros son árboles autóctonas. En Asturias acompañan as castañas de sidra doce para celebra o “Amagüestu”, mentres que no País Vasco a festa do Gaztainerre ten como menú castañas asadas con caracois. En Cataluña, a Castanyada reúne a amigos e familiares para degustar castañas, boniatos e panellets. Tamén hai festas con castañas en Occitania ou Portugal e estase popularizando por todo o mundo como “chesnut party”.

Como se celebra?

xornalescolar_0911_chuleta_02
xornalescolar_0911_chuleta_02

Nestes centos de anos nos que Ourense leva celebrando a festa do Magosto, a tradición ten ido variando, pero hai algunhas cousas que permanecen intactas e que seguro que vas celebrar esta fin de semana. Entres amigos ou en familia, o día grande será este venres, 11 de novembro, na cidade de Ourense. Ese día, Montealegre prepararase para recibir a centos de persoas que acoden en pandilla a merendar ó monte. 

As brasa da fogata acompáñanse de bailes, xogos populares e cantos que rematan coas caras dos participantes pintadas de carbón, símbolo de boa sorte. En calquera caso, durante todo este mes, asociacións veciñais, familias, amigos, bares e demais agrupacións reúnense para celebrar o Magosto, unha das grandes tradicións do outono e unha das últimas festas antes da chegada do Nadal.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma