Chega o verán e con el a festa

As xornadas culturais pecharon un novo curso no colexio Luis Vives con solidariedade e diversión a tope

Como todos os anos, durante a derradeira semana do curso escolar, o colexio Luis Vives celebrou as súas Xornadas Culturais, unha proposta composta por actividades moi variadas coa finalidade de que o alumnado remate o curso dunha forma destendida, que os axentes da comunidade educativa dispoñan dese tempo de unidade e diversión, moita diversión. 

Dentro desta proposta, alumnos e profesores mesmo se disfrazaron para visitar distintos lugares da cidade dentro do proxecto global de centro "Vives en Ourense".

Este ano, ademais, estrearon unha nova iniciativa, un mercadiño medieval solidario para o que o alumnado elaborou diferentes obxectos con material de refugallo e vendéronos para recadar fondos en beneficio da loita contra o cancro infantil.

O do Luis Vives é un exemplo dos centos de actividades e festas coas que os alumnos de toda a provincia despediron este ano o curso escolar. Música, baile, festa, excursións, actos de graduación… As axendas dos escolares ourensáns enchéronse durante os últimos días do ano académico no que se recuperou a normalidade e comezan agora un verán repleto de plans divertidos ata que en setembro se rencontren cos seus compañeiros e profesores xa coas pilas cargadas.

Como cada ano, o Xornal Escolar recolle moitas das festas celebradas. Busca nestas páxinas o teu cole! E feliz verán!

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar