Aulas abertas

Clase práctica de educación vial

DSC00967_result
photo_camera Bimba e Artur, moi atentos ás explicacións.

Escolares de infantil do CEIP Carlos Casares están inmersos nun proxecto denominado "O Concello onde vivo"

Os nenos e nenas de 4 anos do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia están inmersos nun proxecto "O Concello onde vivo". Un dos aspectos obxecto de estudo está relacionado coa Educación Vial.

Por tal motivo, hai uns días visitaron as dependencias da Garda Civil e coñeceron de primeira man o traballo do día a día dos axentes, da policía científica e demais persoal que traballa nestas instalacións.

A visita foi un éxito e, ademais de coñecer as instalacións, os calabozos, as salas de investigación ou a de interrogatorios, foron os propios escolares os encargados de buscar pegadas e incluso tomaron unha mostra de ADN.

A actividade completouse coa demostración do uso de distintos materiais que emprega a Garda Civil no seu día a día, como chalechos, cascos, transmisores, etcétera. Tamén fixeron soar as sirenas e falaron polas emisoras. 

A xornada de aprendizaxe foi todo un éxito e os escolares voltaron ao colexio encantados, non sen antes compartir unha deliciosa merenda a base de froitas e aperitivos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar