Profesorado e familias traballan de forma conxunta para aplicar un modelo no que o que se pretende é facer bos estudiantes e mellores persoas
Próximo ao centro urbano de Caballiño, está ubicado o CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro. Trátase dun centro educativo concertado laico aconfesional que conta con 32 anos de traxectoria e cun profesorado estable. Neste colexio apóstase por unha formación individualizada, por un clima familiar, polos idiomas, polo deporte e pola innovación educativa, importantes retos que se plantexan cada ano para proporcionarlle ao alumnado a mellor e máis completa das formacións. O modelo que empregan céntrase na colaboración académico-familiar, onde todos traballan en conxunto para facer bos estudiantes e mellores persoas.
No tocante ás súas instalacións, dispón de grandes áreas con zonas verdes para o esparcemento dos rapaces. Tamén contan con diversos campos de fútbol e de baloncesto, ademais dun pavillón federado onde se disputan os encontros de baloncesto.
Ademais das súas instalacións, outro dos aspectos salientables deste centro de ensino da vila do Arenteiro é o amplo horario de atención ao alumnado, co fin de conciliar a vida laboral e familiar. Unha Escola Infantil, de ámbito privado, ocupa parte do centro e ofrece a posibilidade de que os escolares non teñan que cambiar de centro dende os 0 ata os 16 anos.
No que se refire aos servizos que dispón o centro, dispoñen de transporte e comedor escolar de xestión directa. Unha orientadora, logopeda, traballadora social e unha coidadora súmanse aos profesores para atender todas as necesidades do alumnado. As actividades extraescolares, onde destaca a natación, robótica ou bailes modernos, súmanse ás ofertas do centro que conta tamén cunha aula de espera matinal e outra pola tarde. Deste xeito, desde as 7.30 e ata as 20.00 horas, de luns a xoves; e de 7.30 a 18.00 horas, os venres, os rapaces poden permanecer no centro.
Formación en valores
O Departamento de Orientación está involucrado na prevención das violencias domésticas e participa activamente neste senso con distintas institucións.
Dende o centro inténtase fomentar a solidariedade e o respecto polo medio ambiente, así, son particípase de distintas iniciativas como a recollida de alimentos en colaboración con Cáritas de Carballiño, de roupa en convenio con distintas ONGs, de pilas usadas xa que pertencen á rede Pilabot, na cal recentemente recolleron 353.25kg. de tapóns solidarios, en convenio coa empresa de transportes Seur.
Incentivar o uso da lingua francesa é outro dos proxectos do centro. En 5º e 6º de Educación Primaria imparten esta nova lingua que ten continuidade en toda a secundaria. Así, manteñen intercambio de correspondencia con alumnado do colexio francés de Saint-Malo. Os rapaces están ilusionados con esta nova actividade, na que intercambian opinións propias da súa idade de tal xeito que sen darse conta potencian os contidos curriculares.