XORNAL ESCOLAR

Un colexio de cinco aulas en tres concellos

AULAS CRA_result
photo_camera Colexio rural agrupado en tres concellos.

A práctica pedagóxica do centro parte de observar e experimentar para motivar aos nenos creándolle o desexo de investigar, descubrir, coñecer e aprender

O colexio rural agrupado (Cra) de Monterrei e a súa sede administrativa están dispersas xeograficamente por seis aldeas de tres concellos da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Monterrei. A sede está en Albarellos (Monterrei) e as cinco aulas que o forman sitúanse en Pazos e Feces (Concello de Verín), en Vences e Vilaza (Concello de Monterrei) e na Xironda (Concello de Cualedro).

Qué idades teñen os alumnos das diferentes aulas?

En todas as aulas hai alumnos de tres a sete anos que comparten espazo e mestre.

Os alumnos das diferentes aulas que actividades realizan conxuntamente?

No Cra queremos favorecer a relación entre a alumnado das distintas aulas, de cara a mellorar a súa socialización e o concepto de pertenza a un mesmo colexio, coñecer e manter a nosa cultura a través da celebración de festas tradicionais, implicar ás familias na participación das diferentes actividades e fomentar a participación dos nenos en actividades culturais. Por todo iso celebramos xuntos unha festa en cada aldea, o Magosto na Xironda, o Nadal en Pazos, o Día da Paz en Vences, os Maios en Feces e o Fin de Curso en Vilaza. Tamén participamos no desfile infantil do Entroido de Verín, nalgunha actividade de animación a lectura, facemos unha excursión e asistimos a actividades culturais organizadas na bisbarra.

O profesorado do centro está en diferentes edificios situados en distintos concellos, cómo é a coordinación entre os mestres?

Os martes pola tarde reunímonos na nosa sede para vernos e alí organizamos e coordinamos o noso traballo. O blog (A trastenda do cra de monterrei) é a vía de comunicación e interacción entre mestres, pais e alumnado do centro e acurtamos as distancias co emprego dalgunhas redes sociais como o Facebook do Cra e o grupo de Whatsapp do claustro.

En qué proxectos traballades neste momento?

Neste curso estamos a desenvolver varios proxectos ofertados pola Consellería de Educación : o de fomento do Galego, o de Xogade e un Proxecto Permanente de Formación do Profesorado. Ademáis continuamos a traballar nos hortos escolares, coidar as mascotas, cociñar cos nenos, engadindo fichas ao noso libro de receitas e no mes de maio celebraremos a Segunda Semana da Ciencia

Sen dúbida un colexio moi dinámico que tamén está en contacto coa Universidade de Vigo e con diferentes Asociacións, cáles son os próximos proxectos que xa están en marcha?

Intentamos aproveitar todas as oportunidades de aprender e nos próximos meses traeremos ao CRA dúas actividades moi interesantes. En colaboración coa Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e a Fundación Educo, faremos un taller en cada aula para traballar os dereitos do neno. Tamén aprenderemos sobre o patrimonio arqueolóxico e os petróglifos mediante o conto “A Viaxe do Cabaliño” creado por membros do Proxecto Alto Támega/Asociación Cultural Alto Támega coa participación da Facultade de Historia do Campus de Ourense.

Qué aspectos positivos destacaría da convivencia nunha mesma aula de nenos de diferentes idades?

Resulta moi enriquecedor pois os nenos aprenden, motívanse e ensínanse entre eles. De forma natural potenciase a colaboración entre os compañeiros, a responsabilidade dos maiores e, se estimula nos pequenos a maduración e a imitación de modelos positivos. Os nenos maiores fanse conscientes dos logros acadados, da súa  evolución na autonomía e na aprendizaxe e os pequenos desexan medrar.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma