AULAS ABERTAS

Un colexio con moita vida

O san pío X é un centro plurilingüe de pequenas dimensións, pero con todos os espazos ben repartidos e equipados para satisfacer as necesidades do alumnado.

Divido en tres espazos ben diferenciados, esto é un edificio principal; onde se atopan as aulas dende Infantil ata 4º de Primaria, os despachos de dirección e secretaría e a sala de profesores; un segundo espazo, no que se atopa ubicado o comedor escolar; e un terceiro, onde están as aulas de 5º e 6º de Primaria e o salón de usos múltiples do centro. Deste xeito se reparte o Colexio Plurilingüe San Pío X, un centro de pequenas dimensión, pero con moita vida.

Todas as aulas son amplas e moi luminosas e todas contan con pizarras dixitais. No tocante aos servizos do centro destaca, ademais do comedor escolar, uo de atención temperá, acollendo aos nenos que o precisan dende as 8.00 horas. 
 

Ademais dos profesores especialistas en cada unha das materias que se imparten no centro, tamén contan con especialistas en Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica, que axundan a todos os escolares que o precisan e que contan cunhas necesidades específicas. Neste centro, a pesar de ser moi numeroso no tocante ao número de alumnos, os profesores fan un seguemento persoal de cada alumno co fin de detectar a tempo calquer contratempo e podelos axudar en todo momento e dende os primeiros síntomas en todo o que precisen para poder seguir o ritmo das clases e do nivel educativo que lle corresponde a cada un. 

Outro dos aspectos salientables deste centro é a concienciación que os profesores lles inculcan aos seus alumnos co medio ambiente. Deste xeito e dende hai xa varios cursos, os escolares de último curso, esto é os de 6º de Primaria, son os que se ocupan de manter os espazos verdes do centro. Esta actividade resulta do máis froitífera xa que non só adquiren uns hábitos moi positivos no coidado do entorno, senón que son todo un exemplo para o resto dos alumnos e alumnas do centro, que xa dende cativos collen por hábito o coidado do seu centro e por extención de todos os espazos verdes nos que día a día pasan o seu tempo de lecer. 

Un centro familiar e aberto ao barrio

Baixo o lema "Ensinamos valores, formamos persoas" se presenta o colexio plurilingüe San Pío X, un centro de ensino ubicado na Avenida de Zamora de Ourense e ao que acoden diariamente 219 alumnos e alumnas repartidos nas modalidades educativas de Infantil e Primaria. Son moitos os aspectos salientables deste centro de ensino, unha delas é a estreita relación familia-escola, sen dúbida un aspecto de vital relevancia e óptimo para o alumnado.

Ademais de ás familias, é un centro aberto ao barrio no que está situado, xa que colaboran dun xeito moi estreito coa parroquia San Pío X: comparten espazos e actividades. Deste xeito e durante todo o curso son moi numerosas as propostas lúdicas e educativas que se realizan de xeito conxunto entre os escolares e os membros das parroquia, tanto nun espazo como no outro, ou ao aire libre, onde se celebran moitos festexos.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?