Moitos foron os colexios que celebraron tamén as comadres e os compadres que os propios alumnos elaboraron na aula
Diversión, música, festa e moito colorido son algunhas das características propias dunha das festas preferidas polos máis cativos, o Entroido. Os centros de ensino de toda a provincia rendíronse a Don Carnal para celebrar por todo o alto e con múltiples actividades a festa na que todo está permitido e coa que os máis cativos poden, por uns días, porse na pel dos personaxes animados de moda, das profesións que máis lles gustan ou dos seus animaliños preferidos.
Moitos foron os colexios que celebraron tamén as comadres e os compadres que os propios alumnos elaboraron na aula. Tamén é salientable a importancia que teñen moitos dos disfraces ao ser traxes e complementos elaborados polos escolares nas clases de manualidades. O Entroido polo tanto é unha festa en maiusculas, chea de troula e de momentos inesquecibles, onde os nenos deixan voar a imaxinación por uns días.