PAPÁ, MAMÁ. ESTOU NO XORNAL

Colorido e ledicia en toda a provincia

Os nenos, como sempre, os grandes protagonistas.

Fariñada, "olas", compadres, comadres e numerosos obradoiros de creación de máscaras, disfraces e repostería antes de chegar aos días grandes do Entroido. Toda a provincia se vestiu de cores para celebrar por todo o alto unha das festas preferidas polos cidadáns.

Os nenos, grandes protagonistas sempre xa que lles encanta vestirse dos seus personaxes preferidos e lucir vestimentas e maquillaxes que os outros días do ano non poden.
Primeiro a celebración foi nos centros de ensino e despois en todos os puntos de Ourense,xa que Ourense é entroideira e así o amosou durante todos estes días pasados.

Colectivos e asociacións tamén organizaron festas e actividades para o público máis novo que aproveito estes días sen clase para saír á rúa e compartir con amigos estupendos momentos de ocio e decir ben alto: Que viva o Entroido de Ourense!

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma