SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

Compartir lévate máis lonxe

Ourense 20/9/2017 Xornal escolar, Noelia, Ismael, Joel, Alvaro, Miguel, Hugo, Juanjo, Anxo, Iker
photo_camera A ledicia dos nenos e nenas é o puro reflexo do ben que o estaban a pasar coas actividades programadas na Semana Europea da Mobilidade.

As rúas de Ourense  sumáronse á celebración da Semana Europea da Mobilidade con numerosas actividades para os máis cativos co fin de acadar unha mobilidade limpa, compartida e intelixente

Desde o 16 ao 22 de setembro, as rúas de Ourense convertéronse nun espazo de mobilidade limpa, compartida e intelixente na Semana Europea da Mobilidade 2017 que este ano se presentou baixo o lema "Compartir lévate máis lonxe". A primeira das actividades foi a 33 edición do Día da Bici, onde familias ao completo percorreron as rúas da cidade e pasaron unha estupenda mañá deportiva. Xa pola semana se sucederon outras propostas, nesta ocasión especialmente pensadas para os máis cativos. A Alameda do Concello, o Parque de San Lázaro e as rúas Xaquín Lorenzo Xocas e Cardenal Quevedo (no tramo entre o Parque de San Lázaro e a Avenida da Habana) foron os espazos que acolleron todas as actividades organizadas polo Concello de Ourense.

Tras o Día da Bici, sucedéronse cinco xornadas máis adicadas a concienciar aos participantes das consecuencias negativas do uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios do uso de modos de transporte máis sostibles como é o caso do transporte público, a bicicleta ou os viaxes a pé. Deste xeito organizáronse charlas educativas de educación viaria, carpa taller de reparación de bicicletas, circuito de educación viaria con sinalización e probas de habilidade, todas elas actividades para escolares de Primaria e Infantil. 

A estas actividades sumáronse obradoiros infantís de mobilidade e circuíto sobre patíns, onde os máis cativos da casa ademais de pasalo estupendamente aprenderon aspectos fundamentais das normas de circulación e de seguridade viaria e a partir de agora serán, a bo seguro, moito máis conscientes da importancia da seguridade viaria.

As actividades complementáronse con contacontos que se sucederon durante catro días no Parque de San Lázaro e tamén actividades nas bibliotecas municipais sobre esta mesma temática. 

Foi deste xeito unha semana divertida de actividades para todas as idades e preferencias, pero especialmente unha semana de concienciación na que os nenos tomaron boa conta do importante que é unha mobilidade limpa, compartida e intelixente.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?