O meu cole chámase...

Concepción Arenal

xornalescolar_2710_nomes_carenal_03
photo_camera Concepción Arenal.
Concepción Arenal foi unha adiantada ó seu tempo e conta con colexios e rúas en homenaxe por toda España.

Precursora do social

xornalescolar_2710_nomes_carenal_01

A súa vida estivo adicada ás causas xustas. Concepción Arenal Ponte naceu en Ferrol no ano 1820 e faleceu en Vigo no 1893. Son moitas as cousas ás que se adicou pero, sobre todas elas, salienta a súa vocación cara ós demais. Está considerada a precursora do Traballo Social en España e, durante toda a súa vida, defendeu o traballo solidario das comunidades relixiosas, ademais de denunciar todo aquilo que considerou inxusto: a condición das mulleres no século XIX , a situación dos cárceres e os dereitos dos que menos tiñan.

Ademais, foi autora de moitos libros e colaboracións en xornais, algunhas en colaboración co seu marido, o escritor  e avogado Fernando García Carrasco. Entre as obras máis famosas da ferrolá están “La educación de la mujeres”, “La mujer del porvenir” ou “La beneficencia, la filantropía y la caridad”, todos con temática reivindicativa.

Universitaria e feminista

xornalescolar_2710_nomes_carenal_03

Un dos grandes desexos de Concepción Arenal dende que era ben pequeniña era o de ser avogada. Quizais hoxe non soe demasiado raro, pero a mediados do século XIX, para poder ingresar na Facultade de Dereito en madrid, tivo que disfrazarse de home, cortar o pelo e vestir coma os mozos da época. Aínda que descubriron a súa trampa, o reitor autorizoulle a asistencia ás clases despois de facerlle un exame, se ben non a deixaban ir sola a ningún sitio do campus e sentábana aparte dos seus compañeiros.

 Esta situación é un bo exemplo do carácter de Concepción Arenal, que está considerada como unha das pioneiras do feminismo. A través dos seus libros criticou as teorías que defendían que a muller era inferior e defendeu con tódalas súas forzas o acceso a tódolos niveis educativos.

Colexios en toda España

xornalescolar_2710_nomes_carenal_02

Getafe, Murcia, Potes, Madrid, Leganés, Zaragoza, Castellón, Córdoba… O nome de Concepción Arenal está presente en colexios de toda España. E, por suposto, tamén en Ourense.En Galicia hai tres centros educativos que lle renden homenaxe. Ademais do da cidade, hai outro na Coruña e un terceiro no seu Ferrol natal. Non podía ser doutro xeito tratándose dunhas das primeiras mulleres que acudiron á universidade, aínda que tivera que facelo baixo outra identidade. 

A pesar de que naceu e morreu en Galicia, a escritora, poeta e pensadora deixou unha importante impronta en toda España. Para os máis pequenos é un referente dunha muller loitadora e pioneira, por iso son moitos os centros educativos que levan o seu nome. Pero tamén é un exemplo para toda a sociedade e son ducias as rúas por toda España que gardan os pasos desta galega universal.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar