A Concellería de Educación presenta aos escolares importantes accións para adquirir hábitos saudables e previr enfermidades cardiovasculares, partindo das indicacións do doutor Valentí Fuster
Dentro do amplo abano de programas da Concellería de Educación do Concello de Ourense, hai un específico adicado á Saúde Integral. Parten da preocupación do doutor Valentín Fuster de que a mellor maneira de previr enfermidades cardiovasculares e mellorar a calidade de vida das persoas é a prevención dos seus factores de risco grazas á adquisición de hábitos de vida saudable. Así, desde este programa educativo, preténdese educar non só en coñecementos sobre esta materia, senón tamén en valores e actitudes respecto á saúde, como fundamentos básicos para a adquisición de condutas saudables que perduren toda a vida.
O programa Saúde Integral inclúe diferentes acción, tanto na Semana da Saúde como en xeral nos meses de febreiro, marzo e abril. Estas actividades están dirixidas tanto aos nenos e nenas que participan no Programa Si, como ás Anpas, para quen vai como novidade o Obradoiro de desenvolvemento de intelixencia emocional no que se trata a conciencia emocional, a regulación emocional e as habilidades sociais e de vida.
As actividades que presenta este curso a Concellería de Educación co obxectivo de que os escolares, de Infantil e Primaria adquiran hábitos saudables desde a infancia, son por exemplo os obradoiros de froitas, yogur, pan e minipizzas, "Come-colores", "Empeza o día con Enerxía", Obradoiro dos Sentidos, Obradoiro de alimentos de tempada, de zumos e licuadoras e unha visita a Frunatur, dentro da actividade "Entre froitas e verduras".
Este programa de Saúde Integral da Concellería de Educación do Concello de Ourense iniciouse en 2012 e nel participan 15 colexios da cidade, dos que sete son públicos e 8 concertados. Comezaron coas actividades en Infantil, con medicións antropométicas aos escolares de 3 anos, que se volverán facer cando cursen sexto de Primaria. Deste xeito fanlle un seguemento durante varias etapas educativas e define este proxecto como unha actividade moi completa e a largo prazo.
Un dos obxectivos do estudo científico que leva a cabo a Fundación She, a través do Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares é que o programa chegue a todos os alumnos de 3 a 16 anos. Na actualidade participan nesta actividade 4.274 escolares de Ourense.