XORNAL ESCOLAR

"Coñece Ourense a través da Esmorga"

obrad_result
photo_camera Obradoiro de fotografía.

O obradoiro servirá de reflexión sobre a imaxe, e como comunicar diferentes ideas a través dela, facendo especial fincapé na cidade de Ourense e no relato da novela “A Esmorga”

Coa intención de desenvolver unha actitude curiosa e lúdica cara ao mundo da fotografía e aprender a falar con imaxes, a Concellería de Educación organiza un obradoiro para nenos e nenas, denominado Coñece Ourense a través da Esmorga. Tratase de oito sesións de dúas horas e media teóricas e tres horas prácticas, nas que nenos e nenas de 8 a 14 anos se internarán no mundo da fotografía aprendendo as bases da linguaxe fotográfica e da narración visual.

O obradoiro servirá de reflexión sobre a imaxe, e como comunicar diferentes ideas a través dela, facendo especial fincapé na cidade de Ourense e no relato da novela “A Esmorga”. Será impartido por Cristina Blanco e María Cerro, as dúas con experiencia traballando cos nenos, en campos relacionados coa fotografía e as técnicas dixitais.

Terá lugar os sábados e xa comezou este pasado 11 de abril no Museo Municipal de Ourense, en horario de 11.00 a 13:30 horas -ata as 14 horas as sesións prácticas-. Ao final do obradoiro, os coñecementos adquiridos reflexaranse nunha exposición no Museo Municipal, resultante das fotografías tomadas.
Para participar, non é necesario ter coñecementos previos de fotografía, soamente é necesario ter unha cámara dixital ou un móbil con cámara. A inscrición pode formalizarse na Concellería de Educación, de 09.00 a 14.00 horas ata o día 10 de abril, ou a través dos emails [email protected] e [email protected].

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar