XORNAL ESCOLAR

Curiosidades en torno á apicultura

20190524123852218_result
photo_camera Unha das actividades que compartiron foi a elaboración de abellas con palliñas e plastilina.

Os nenos de Xunqueira de Ambía amosáronse encantados coa activadade coa que profundaron sobre o mundo das abellas

Os escolares do CPI Padrenda-Crespos participaron nas actividades organizadas en Allariz con motivo da celebración do Día Mundial da Abella, no Festival Internacional de Xardíns da vila alaricana. 

Desde o centro educativo manifestan que esta proposta educativa fóra do colexio pode considerarse a culminación a un intenso ano adicado á apicultura e á analise de insectos en xeral. Así, durante o curso elaboraron "hoteis" para insectos, trampas para velutinas (una das principais ameazas das abellas na actualidade) e tamén recibiro no colexio a visita de apicultores da zona, que compartiron cos nenos os seus coñecementos sobre o apaixonante mundo da apicultura. 

A actividade desenvolveuse nos arredores da Casa dos Polinizadores, un gran "hotel" de insectos ubicado nos xardíns para ofrecer aloxamento a multitudes de abellas e polinizadores de diferentes tipos. 

Para rematar a actividade, todos os participantes tiveron a oportunidade de degustar exquisitas meles galegas coas que rematou este estupendo día de aprendizaxe deixando moi bo sabor de boca a todos os escolares participantes nesta cita festiva.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar