PROGRAMA INICIATIVA XOVE

Deporte adaptado

IMG_3986_result
photo_camera Os estudantes de 2º da ESO do CPR Luis Vives practicaron tres modalidades deportivas adaptadas.

A Asociación Achega levou a cabo o pasado día 5 de Outubro no Colexio Luis Vives de Ourense, una das catro actividades do proxecto de interese social denominado “Achegando o deporte adaptado á mocidade".

Con este proxecto financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, e enmarcado no Programa Iniciativa Xove, preténdese crear conciencia, e sensibilización social de forma educativa e directa cos estudantes, coas familias e demáis membros do contorno, sobre a diversidade funcional a través da práctica dos distintos deportes adaptados. A importancia desta actividade radica en que os mozos e mozas poñéronse na pel de persoas con discapacidade motora, auditiva e visual a través da práctica de distintas modalidades deportivas adaptadas.

IMG_4771_resultA actividade desenvolveuse ao longo de toda a mañá, nunha formación teórica onde se explicarán aspectos básicos en torno á diversidade funcional e as barreiras arquitectónicas, accesibilidade, alcaración de conceptos e linguaxe correcto, así como as modalidades de actividade física e deporte adaptado e os deportistas paralímpicos galegos que participaron en Río2016. Seguidamente, douse paso á parte práctica nas instalacións deportivas do Centro coa mirada atenta dos demáis alumnos/as e docentes do Colexio, na que un total de 70 rapaces de 12 e 13 anos de 2º da ESO do CPR Luis Vives, coa axuda dos profesores e directora, practicaron tres modalidades deportivas adaptadas: Goalball (discapacidade visual), Colpbol (discapacidade auditiva) e Slalom (discapacidade motora). Ao mesmo tempo, preténdese concienciar sobre a importancia de facilitar ferramentas para a inclusión das persoas con discapacidade. Neste proxecto, participan 4 Centros Escolares de Educación Primaria e Secundaria, un por cada provincia no que ademáis faise un concurso dentro do mesmo proxecto no que se dotará dun premio a través dun trofeo simbólico, e diploma co outorgamento ao “mellor colexio inclusivo” deste proxecto en 2016. 

Achega é unha asociación que actúa en Galicia realizando proxectos desta índole e de forma pioneira dende fai 3 anos, e que ten como obxectivos principais a promoción do deporte adaptado e a sensibilización e concienciación de toda a sociedade en canto a romper coas barreiras físicas, culturais e mentais en torno á diversidade funcional.Máis información en www.asociacionachega.es 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar