O meu cole chámase...

Eduardo Blanco Amor

Entre Ourense e Bos Aires

05_xornalescolar_0112_blancoamor_02

A seccións dos colexios desta semana non podíamos adicarlla a outra persoa. E é que tal día coma hoxe hai 42 falecía en Vigo Eduardo Blanco Amor, un escritor e xornalista cunha obra que continúa sendo universal. Naceu en Ourense en 1897, pero emigrou a Arxentina cando tiña 22 anos, pero xa levaba da cidade unha grande amizade con Vicente Risco, do que herdou a súa acérrima defensa da cultura galega. Na súa estadía en Bos Aires continuou o seu contacto con intelectuais galegos. Voltou varias veces a España pero, por mor da Guerra Civil, a súa volta definitiva non foi ata 1965.

Auria, a patria da súa obra

05_xornalescolar_0112_blancoamor_01

Xente ao lonxe ou Os biosbardos son tres dos seus libros máis coñecidos. E todos eles teñen como escenario a súa cidade natal. Auria, como lle chamou a este lugar entre o imaxinario e a realidade, traspasou fronteiras gracias á obra de Blanco Amor.

Quizais sexa A Esmorga o libro que máis repercusión lle deu ó escritor ourensán, pois tense traducido a numerosos idiomas e mesmo se fixeron dúas películas basadas nel. Importante foi tamén a súa amizade con Federico García Lorca, ó que lle axudou a publicar os seus “Seis poemas en galego”.

Dous institutos e grandes homenaxes

05_xornalescolar_0112_blancoamor_03

A memoria de Eduardo Blanco Amor mantense en Galicia en dous institutos. Ourense é, por suposto, un dos lugares onde se ubica un deles; en concreto no barrio da Ponte. O outro está situado en Culleredo, moi preto da cidade da Coruña. Con todo, a do escritor ourensán é unha das figuras máis sonadas da literatura galega, polo que está moi presente en toda a comunidade educativa galega a través da súa vida e obras. Ademais, son moitos os escolares que cada ano participan nas homenaxes que se lle renden a primeiros de decembro no cemiterio de San Francisco e mesmo realizan roteiros pola Auria da Esmorga.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?