Os traballos recóllense nunha exposición aberta ao publico no salón de actos do colexio La Purisima
Dende a escola La Purisima educan nunha nutrición consciente, inculcando e recordando aos alumnos hábitos de vida saudables, imprescindibles no seu desenvolvemento integral como persoas. Nas últimas semanas traballan esta temática por proxectos, con todos os alumnos, dende distintas áreas: nutrientes esenciais para o organismo, en que tipo de alimentos os podemos atopar, con que frecuencia os debemos tomar, analizan alimentos habituais na nosa dieta, pros e contras, buscando alternativas saudables, investigan pratos típicos doutros países, aprenden hábitos posturais correctos, como sentarnos ou levar a mochila, relacionan alimentación e enfermidade.
Todos estes traballos recollénse nunha interesante Exposición aberta ao público, no Salón de Actos do centro, do 11 ao 25 de Marzo no Colexio La Purísima, Santo Domingo 32.