XORNAL ESCOLAR

Elaboración de doces de Nadal

Curso cocina plaza de abastos celanova
5-12-15
photo_camera Cursos de cocina en la Plaza de Abastos de Celanova.

O OBRADOIRO continuará os días 12 e 19 de decembro con horario de 11.00  a 13.00 horas ou de 16.00 a 18.00 horas e, para participar é necesario anotarse na Casa dos Poetas

A cociña tamén é cousa de nenos e cando se trata da elaboración de doces con máis razón. Durante tres xornadas completas, con quenda de mañá e de tarde, os nenos e nenas de Celanova están a participar nun interesante obradoiro de doces de Nadal. A Fundación Curros Enríquez da vila de San Rosendo está a acoller esta actividade que no seu primer día xa foi todo un éxito.

Os participantes aprenden a elaborar carbón doce, bombóns, turrón, guirlache, mantecados, garrapiñadas, polvoróns, tronquiño de Nadal semifrío, en definitiva, todos aqueles postres que non faltarán nas mesas este vindeiro Nadal. Os nenos amósanse encantados coa propostas e están moi centrados, poñendo moita atención en todos os pasos que os monitores lles proporcionan.

Ademais do momento de cociñar que é do máis divertido, todos agardan o momento posterior da degustación.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar