O meu cole chámase...

Emilia Pardo Bazán

Unha pluma que non descansou

05_xornalescolar_0912_pardobazan_01

Novelista, xornalista, poetisa, traductora, dramaturga… A actividade de Emilia Pardo Bazán foi tan rica como a súa educación. Por herdanza familiar ostentaba o título de Condesa e seguro que che soa unha das súas casas: o Pazo de Meirás. Naceu na Coruña en 1851 e o pasado mes de maio cumpríronse 100 anos dende o seu pasamento. 

A súa obra literaria máis famosa é “Los pazos de Ulloa”, un volume que a meteu de cheo na chamada corrente naturalista e enmárcase dentro do realismo literario español. Pero a pluma de Pardo Bazán non descansaba e dela saíron ensaios, obras de teatro, biografías, artigos xornalísticos… e mesmo libros de cociña.

Loitadora feminista

05_xornalescolar_0912_pardobazan_03

Ademais de escritora, se por algo é coñecida Emilia Pardo Bazán é pola súa loita feminista, algo que lle inculcou o seu pai dende ben pequena. O conde de Pardo Bazán, patriarca duha familia moi importante na Galicia da época, era un firme defensor dos dereitos das mulleres e así o demostrou na educación que lle deu á súa filla.  E iso levouno sempre con ela, sen abandoar nunca esta loita, polo que hoxe está considerada un icono do feminismo. 

Sobre os dereitos das mulleres escribiu obras específicas, pero foi deixando pegadas do seu pensamento en todo o que firmou. A súa foi unha vida moi adiantada para o pensamento da época.

Veráns no Ribeiro

05_xornalescolar_0912_pardobazan_02

Non é casualidade que un dos colexios da comarca do Ribeiro, en concreto o de Leiro, leve o nome de Emilia Pardo Bazán. O Carballiño era o fogar familiar do seu marido, descendente da familia dos Quiroga. Entre alí e diferentes enclaves da comarca do Ribeiro pasaba a escritora coruñesa os seus veráns, gozando das súas paisaxes seu marido e tamén das diferentes augas termais da zona, na que tamén gozou dos seus viños. 

Por esas zonas existe unha ruta que segue os pasos ourensáns de Pardo Bazán. As cidades da Coruña e Vigo son outros lugares que lle renden homenaxe a Pardo Bazán dándolle nome ós seus colexios. 

 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar