aulas abertas

Ensinanza individualizada

photo_camera A Escola de Educación Infantil de Noalla é un centro educativo perfectamente equipado, o Concello de San Cibrao asume o seu mantemento.

A escola comparte coas familias a tarefa de educar

A Escola de Educación Infantil de Noalla é un centro público dependente da Consellería de Educación, sendo o Concello de San Cibrao o que asume o seu mantemento. Este centro educativo escolariza a nenos/as do 2º Ciclo de Educación Infantil, con idades comprendidas entre 3 e 6 anos.

Neste curso, o equipo docente está formado por: unha titora de 3, 4 e 5 anos, unha mestra especialista en Inglés, unha mestra especialista en Audición e Linguaxe que apoia ós nenos que presentan dificultades neste ámbito, unha Orientadora que procede do centro adscrito ( CEIP Seixalbo) e unha mestra de Relixión.

O centro dispón de 2 amplos espazos: unha aula onde realizan a docencia, e outro espazo de uso múltiple que empregan como aula de apoio, aula de psicomotricidade, aula de recreo (cando o tempo metereolóxico non é favorable), e como salón de actos para realizar os festivais.

Na EEI de Noalla empregan unha metodoloxía activa e lúdica, na que o estudante aprende xogando, e partindo das súas experiencias van na procura dunha aprendizaxe significativa. Traballan dun xeito globalizado, mediante pequenos proxectos e unidades didácticas. As familias forman parte da Comunidade Educativa, e a relación con elas é un pilar fundamental.

A escola comparte coas familias a tarefa de educar. Conseguir o éxito ou o fracaso  nesta tarefa depende da unificación dos criterios educativos entre ambas. Neste centro o contacto coas familias é diario, o que facilita ese consenso e a comunicación de calquer feito importante na vida dos alumnos/as.

Ademais as familias colaboran en todas as  propostas e o Concello de San Cibrao oferta un taller de Música e movemento coma actividade extraescolar. 

Dos obxectivos propostos a responsable do centro e titora destaca como prioritario o desenvolvemento nas competencias básicas en comunicación oral, tanto a nivel de expresión como de comprensión, e as competencias en relación sociais e de convivencia. Tamén detaca que este curso potencian o uso das Tics, e fomentan o uso da Lingua Galega, e continuan cos obxectivos do Plan dos almorzos saudable. 

No EEI de Noalla as relacións sociais son máis profundas e intensas o que favorece o desenvolvemento das emocións e a convivencia. O proceso de ensinanza e máis individualizado respectando capacidades e ritmos de aprendizaxes.

Os contidos non están estancados por cursos, van oscilando entre os grupos de idades: os pequenos aprenden por imitación dos maiores, e éstes repasan os contidos dos pequenos e ó mesmo tempo favorécese a aprendizaxe entre iguais. 

Agora mesmo están embarcados nun proxecto sobre o Corpo Humano e están a preparar o Día da Paz  que celebran o 30 de xaneiro, coa canción “Apertas que voan” do CD Brinca Vai con coreografía incluída, no que invitarán a participar ás familias. Xa activaron o botón da festa do Entroido que celebrarán xunto cos seus compañeiros de Sta. Cruz, a outra Escola deste Concello. Son  moitas as actividades que comparten coas Escolas da contorna.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar