a implicación da comunidade educativa é clave á hora de apostar por un ensino integral e atender ás necesidades e capacidades do alumnado
No CEIP Condesa de Fenosa destaca especialmente o dinamismo, a profesionalidade e compromiso do claustro educativo co seu traballo, co propio crecemento e coa continua actualización da súa formación, que se traduce na gran variedade de programas e proxectos levados a cabo cada curso escolar.
A implicación de toda a comunidade educativa por unha escola pública de calidade para todos é un obxectivo firme deste colexio.
A riqueza, diversidade e heteroxeneidade do alumnado implica todo un desafío para atender e responder adecuadamente ás diversas necesidades e capacidades dos rapaces.